Ir o contido principal

22 de maio - 12:00h Visitas musicadas: Proxecto Pesquedellas Un xeito diferente de visitar o museo para conmemorar o Día Internacional dos Museos

Neste ano, a celebración anual do Día Internacional dos Museos ten por lema “O poder dos museos”. O Museo de Belas Artes da Coruña súmase á celebración ao través de varias propostas, entre elas, o Proxecto Pesquedellas. Trátase dun grupo de rapazas que teñen en común o interese pola investigación no folclore. Desde a súa creación adicanse a difundir a música galega de tradición oral, co obxectivo de facela chegar á xuventude. Estas visitas musicadas aportan unha visión subxectiva da colección do Museo de Belas Artes, contando e cantando a través dos seus cadros as distintas músicas que amenizaron o día a día de antano.

Nas visitas, programadas para o mércores, sábado e domingo, falarase sobre os cantares do ciclo da vida e do ciclo do ano, da reputación dos músicos tradicionais e de como a música popular sobreviviu ao paso do tempo.

 

Outras actividades programadas para conmemorar o Día Internacional dos Museos no Museo de Belas Artes son:

Mércores 18.

- Xornada de portas abertas: actividades e visitas á colección permanente. 10:00 a 20:00 h

- Visitas escolares de centros educativos de Primaria e ESO en horario de 10:00 e 11:30 h

Sábado 21. 

- Apertura especial do Museo de 10:00 ata as 23:00  horas

- Obradoiros en familia: “Nas nosas mans”. 12:00 h 17:30 h

- Soul no Museo. Carla Green & The Demons, ás 21:30 h