Ir o contido principal

21 de maio - 12:00h Nas nosas mans Obradoiros para toda a familia para conmemorar o Día Internacional dos Museos

Este ano, a celebración anual do Día Internacional dos Museos ten por lema “O poder dos museos” e quere facer fincapé no poder transformador que os museos teñen na sociedade como lugares que poden abrir as nosas mentes a novas ideas e a futuros posibles.

O Museo de Belas Artes da Coruña súmase á celebración ao través de varias propostas. Entre elas, o obradoiro en familia “Nas nosas mans”. Obradoiros pensados para público familiar no que as educadoras Laura Domínguez Estévez e Lucía Hidalgo Portomeñe conducirán aos grupos por distintos espazos do museo tratando o tema da sustentabilidade, e imaxinar realidades distintas, mellores, para un futuro que está nas nosas mans.

Outras actividades programadas para conmemorar o Día Internacional dos Museos no Museo de Belas Artes son:

Mércores 18.

- Xornada de portas abertas: actividades e visitas á colección permanente. 10:00 a 20:00 h

- Visitas escolares de centros educativos de Primaria e ESO en horario de 10:00 e 11:30 h

- Visitas musicadas: Proxecto Pesquedellas. 18:00 h e 19:30 h

Sábado 21. 

- Apertura especial do Museo de 10:00 ata as 23:00  horas

- Visitas musicadas: Proxecto Pesquedellas. 18:30 h e 20:00 h

- Soul no Museo. Carla Green & The Demons, ás 21:30 h

Domingo 22.

- Visitas musicadas: Proxecto Pesquedellas. 12:00 h