Do 18 de maio ao 22 de maio do 2022 - 12:00h Visitas contadas Outro xeito de coñecer o Museo para conmemorar o Día Internacional dos Museos

Neste ano, a celebración anual do Día Internacional dos Museos ten por lema “O poder dos museos”. O Museo das Peregrinacións e de Santiago súmase á celebración ao través de varias propostas, entre elas, as Visitas Contadas.
Actividade que mestura un percorrido guiado polo museo coa tradición dos contacontos. O público terá a ocasión de coñecer as pezas expostas e gozar con lendas, anécdotas e curiosidades relativas ao Camiño de Santiago e á propia historia da cidade.
Haberá dous pases por día, ás 12:00 h e ás 18:00 h. É necesaria reserva previa
Outras actividades programadas para conmemorar o Día Internacional dos Museos no Museo das Peregrinacións e de Santiago son:
Mércores 18
Estrea do documental divulgativo A Translatio. Pases dende as 11:00 ata as 13:00 h
Actuación para toda a familia: Cé Orquestra Pantasma. 18:00 h
Xoves 19
Documental divulgativo A Translatio. Pases dende as 11:00 ata as 13:00
Venres 20
Documental divulgativo A Translatio. Pases dende as 11:00 ata as 13:00
Obradoiro de fotografía sobre a exposición itinerante “Percorrer o tempo”. Impartido por: Olivia Arthur e Carla Andrade. 16:00 a 19:30 h
Conferencia sobre fotografía sobre a exposición itinerante “Percorrer o tempo”. Presentación pública Olivia Arthur e Carla Andrade moderada polo comisario Nicolás Combarro sobre o proxecto. 20:00 h
Sábado 21
Obradoiro de fotografía sobre a exposición itinerante “Percorrer o tempo”. Impartido por: Olivia Arthur e Carla Andrade. 10:00 a 14:00 h
Obradoiro de cestería colaborativa: Os nexos que nos unen. 11:00 h
Conferencia: «Vida de músico na Galiza medieval». 19:00 h
Domingo 22
Obradoiro “Torques castrexos”. 11:00 h