Ir o contido principal

Inscrición previa

A BOTICA DO CEBREIRO 2023

A BOTICA DO CEBREIRO 2023 Actividades de primavera no Museo do Castro de Viladonga

A actividade consistirá nun roteiro de identificación de plantas na contorna do Conxunto Etnográfico do Cebreiro, pautas para extraer as propiedades das plantas e a elaboración dun ungüento.
O obradoiro estará dirixido por Lola Tourón.

Día: sábado 10 de xuño
Hora: de 10.00 a 14.00 h
Prazas: 15
Inscrición: Chamando ao teléfono 982 870 160. Por rigorosa orde de chamada. En caso de exceso de matrícula terán preferencia aquelas persoas que non o fixeran en edicións anteriores.

Unha noite no muíño

Unha noite no muíño Actividades de primavera no MUPEGA

Espectáculo para público familiar

Dirección e interpretación: Caxoto (A trastenda dos contos)

Se unha tradición temos clara na nosa cultura é que non se remata ningún gran traballo sen celebralo por todo o alto. As vendimas, os fiandóns, a colleita, a malla, ir ao muíño moer... eran todos traballos que conxugaban ao remate da xornada baile, música e festa rachada.

A BOTICA DO CASTRO DE VILADONGA 2023

A BOTICA DO CASTRO DE VILADONGA 2023 Actividades de primavera no Museo do Castro de Viladonga

A actividade consistirá nun roteiro de identificación de plantas na contorna do museo e castro de Viladonga, pautas para extraer as propiedades das plantas e a elaboración dun ungüento.

O obradoiro estará dirixido por Lola Tourón.

Día: sábado 3 de xuño

Hora: de 10.00 a 14.00 h

Prazas: 15

Inscrición: Chamando ao teléfono 982 870 160. Por rigorosa orde de chamada. En caso de exceso de matrícula terán preferencia aquelas persoas que non o fixeran en edicións anteriores.

Historia dunha salgadura que vai e ven

Historia dunha salgadura que vai e ven Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Itinerario monográfico guiado dirixido a todo tipo de público.

12:00  h.

logo dunha breve introdución sobre a industria da salga, as persoas asistentes poderán ver unha proxección multimedia teatralizada e en 3D sobre a historia do espazo da  salgadura Piñeiro e o traballo nas fabricas de salgadura.

Entregarase un dispositivo para que poidan realizar unha visualización inmersiva dende o móbil.

Ruta urbana e obradoiro de plantas silvestres

Ruta urbana e obradoiro de plantas silvestres Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Esta actividade divídese en dúas partes: primeiro faise unha ruta en grupo -nas inmediacións da Catedral- no que iremos á procura de plantas silvestres que son comestibles ou mesmo medicinais, empregadas polos nosos antepasados dende tempos pretéritos. Nunha segunda parte, xa no Museo, os participantes asistirán a un obradoiro demostrativo de elaboración dun ungüento medicinal para tratar as bochas, especialmente para camiñantes e peregrinos. E de remate, aquelas persoas que queiran, poderán probar un pan elaborado con landras do país.

Redes de maio

Redes de maio Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Obradoiro didáctico para o aprendizaxe do uso de distintas artes de pesca tradicionais vinculadas co caderno de apuntes realizado pro Maruja Mallo en 1936 en Bueu  e a alfombra que se expón no museo e que reproduce una das obras realizada a partir dos apuntes de Bueu.

As persoas asistentes ao final da actividade poderán compoñer un cadro vivo,  facerse un autorretrato con natureza morta cos distintos compoñentes destas artes inspirándose nas obras de Maruja Mallo.

Dirixido a un publico a partir de 6 anos.

Espectáculo “Brincadeiras da lingua” (Migallas Teatro)

Espectáculo “Brincadeiras da lingua” (Migallas Teatro) Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Espectáculo que ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques...

Sábado 20 de maio ás 17:30

Público familiar (recomendado a partir de 4 anos)

Actividade de balde. Reserva previa

Reserva previa: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obradoiros

Obradoiro de construción de zoadeiras

Obradoiro de construción de zoadeiras Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

A acción humana sobre a natureza está favorecendo a desaparición de polinizadores como as abellas e abellóns. Imos evocar estes imprescindibles insectos construíndo uns aparellos, as zoadeiras ou bramadeiras, que recrean o seu zoar, e aprenderemos detalles sorprendentes sobre a utilización deste instrumento. Como curiosidade, dicir que se atoparon restos arqueolóxicos deste instrumento con miles de anos de antigüidade.

SEMINARIO: "Museos no cambio sustentable, museos de impacto"

SEMINARIO: "Museos no cambio sustentable, museos de impacto" Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Co gallo do Día Internacional dos Museos o Museo do Pobo Galego celebra o seminario "Museos no cambio sustentable, museos de impacto", o xoves 25 de maio ás 17h. Será da man da enxeñeira e consultora María Baqueiro, promotora do Pacto Cultura Sustentable.

Subscribirse a Inscrición previa