Ir o contido principal

25 de maio - 17:00h SEMINARIO: "Museos no cambio sustentable, museos de impacto" Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Co gallo do Día Internacional dos Museos o Museo do Pobo Galego celebra o seminario "Museos no cambio sustentable, museos de impacto", o xoves 25 de maio ás 17h. Será da man da enxeñeira e consultora María Baqueiro, promotora do Pacto Cultura Sustentable.

Falaremos do que di a Axenda 2030 da cultura e dos museos; sobre benestar e capacidade dos museos para impactar na contorna e facer tecido comunitario; da importancia de ter un plan e de plasmar a nosa estratexia e o noso compromiso sustentable con concreción; e contaremos con recomendacións para o plan de acción así como con exemplos de prácticas inspiradoras.

O seminario terá unha duración aproximada de 2 horas e será presencial con opción de streaming. A inscrición é de balde en deac@museodopobo.gal

Para saber máis sobre os contidos do seminario e a súa formulación:

 SEMINARIO: “Museos no cambio sustentable, museos de impacto”, o 25 de maio | Museo do Pobo Galego