Ir o contido principal

Entrada de balde

Obradoiros en familia

Obradoiros en familia Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

Trátase de que os participantes desenvolvan as súas propias creacións utilizando como contextualización distintas obras da exposición temporal Picasso branco no recordo azul, de tal forma que sirvan de base e inspiración.

Os obradoiros realizaranse os Sábados:

15, 22 e 29 de abril

6, 13, e 27 de maio

3, 10 e 17 de xuño.

 

Horario: 17:00 a 18:30 h

Organiza: Museo de Belas Artes

Monitor: Arkhé Espacio Educativo

Público: Nenos e nenas de 4 a 10 anos, acompañados dun adulto

Prazas: 12

Concerto extraordinario

Concerto extraordinario Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

Pierrot Lunaire de Arnold Schönberg

Concerto extraordinario en colaboración con Festival Ressis. Homenaxe musical á iconografía picassiana do Pierrot

Plural Ensemble, Fabián Panisello e Laia Falcón.

O concerto retransmitirase en directo por streaming

Picasso a través do cinema

Picasso a través do cinema Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

Martes 25 de abril; 2, 9, 16 e 30 de maio

Hora: 19:30 h

Tipo: cinema

Público: Xeral

Prazas: Ata completar aforo

Prezo: De balde

Lugar: Museo de Belas Artes da Coruña

O cinema foi moi xeneroso co xenio malagueño, pois existe unha amplísima nómina de películas e documentais que ilustran non só a súa vida, en termos biográficos, senón tamén o decurso revolucionario e diacrónico da súa obra artística.

XXII Ciclo Música para unha época

XXII Ciclo Música para unha época Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

XXII Ciclo Música para unha época

Ciclo de cinco concertos dedicados a Picasso e as cidades nas que residiu e traballou ao longo da súa vida, nos que se interpretarán obras de compositores contemporáneos ao artista.

Os concertos terán lugar os domingos:

 7, 14 e 28 de maio

4 e 11 de xuño

Hora: 12:00 h

Organiza: Museo de Belas Artes

Público: Xeral

Prazas: Ata completar aforo

Prezo: de balde

Lugar: Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

Programa

Obradoiros xuvenís

Obradoiros xuvenís Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

Obradoiros xuvenís. Picasso branco no recordo azul.

Obradoiro de cómic usando como base as obras da exposición

Os obradoiros Terán lugar os sábados:

15, 22 e 29 de abril

6, 13, e 27 de maio

3, 10 e 17 de xuño

Horario: 12:00 a 13:30 h

Organiza: Museo de Belas Artes

Monitor: Arkhé Espacio Educativo

Destinatarios: Rapaces e rapazas de 10 a 14 anos

Prazas: 10

Prezo: Gratuíto

Lugar: Museo de Belas Artes da Coruña

Inscrición:

Ciclo de conferencias: A Coruña, primeiros trazos de Picasso

Ciclo de conferencias: A Coruña, primeiros trazos de Picasso Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

Ciclo de conferencias: A Coruña, primeiros trazos de Picasso

Ciclo de conferencias no que participarán algúns dos especialistas máis punteiros e de recoñecido prestixio, tanto nacionais como internacionais, que veñen dedicándose desde fai anos ao análise e ao estudo da traxectoria artística e vital do pintor malagueño.

Mércores 26 de abril, 10 e 31 de maio e 7 de xuño

Horario: 20:00 h

Organiza: Museo de Belas Artes

Público: Xeral

Prazas: Ata completar aforo

Prezo: de balde

Lugar: Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

Metade anxo, metade marisco. Maruja Mallo

Metade anxo, metade marisco. Maruja Mallo Relatora: Loli Docampo

"Aquí faltan páxinas" é unha inciativa en materia de igualdade da Deputación Provincial de Pontevedra que trata de visibilizar historias de mulleres galegas que non sempre saen nos libros. En Colaboración con esta iniciativa o Museo Massó de Bueu organiza un faladoiro sobre a figura de Maruja Mallo. A relatora será Loli Docampo.

"Visite Galicia". Proxecto editorial do fotógrafo Ksado

"Visite Galicia". Proxecto editorial do fotógrafo Ksado Actividades de primavera no Museo Etnolóxico de Ribadavia

O Museo Etnolóxico de Ribadavia ofrece visitas guiadas ao proxecto expositivo Ben(s)vidos, unha iniciativa para presentar as novas adquisicións ou pezas especiais do museo. Nesta ocasión o museo presenta o Proxecto editorial do fotógrafo Ksado: "Visite Galicia".

As visitas guiadas realizaránse o martes, 11 de abril ás 12:00 e ás 20:00 horas. 

A entrada é libre ata completar aforo.

"Visite Galicia". Proxecto editorial do fotógrafo Ksado

"Visite Galicia". Proxecto editorial do fotógrafo Ksado Actividades de primavera no Museo Etnolóxico de Ribadavia

O Museo Etnolóxico de Ribadavia ofrece visitas guiadas ao proxecto expositivo Ben(s)vidos, unha iniciativa para presentar as novas adquisicións ou pezas especiais do museo. Nesta ocasión o museo presenta o Proxecto editorial do fotógrafo Ksado: "Visite Galicia".

As visitas guiadas realizaránse o martes, 11 de abril ás 12:00 e ás 20:00 horas. 

A entrada é libre ata completar aforo.

Subscribirse a Entrada de balde