Ir o contido principal

Entrada de balde

De paseo polo camiño do viño

De paseo polo camiño do viño Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

O Museo do Viño de Galicia e a asociación Viño Activo organizan unha ruta a pé de 14 km polo Ribeiro, de baixa intensidade.

O paseo iniciarase no Museo do Viño de Galicia, continuará o Camiño do Viño cara Lugar de Cuñas, onde se fará unha parada para repoñer forzas.

Na volta, a ruta pasará por viñedos e pola beira do río Avia retomando o camiño cara ao Museo do Viño de Galicia.

Lembre traer roupa e calzado cómodo. Tamén é convinte traer auga e comida.

 

Noite dos Museos

Noite dos Museos Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Programación para a noite dos museos:

- 17.30 a 19.30h: Xogos tradicionais a cargo de Xotramu, Asociación de Xogos tradicionais.

- 18.15-19.30h: Música a cargo de “Agrupación Cultural La Trova Coruñesa”. Agrupación musical que conta cun repertorio musical basado en estilos diferentes como boleros, chachachá, salsa e ritmos latinos.

- 19.30 a 20.30h: Concerto de música “Son de Corda”.

- 20.30h Petiscos e queimada a cargo da Asociación de Amigos do Museo

Emilia Pardo Bazán: Xornalismo e Marineda

Emilia Pardo Bazán: Xornalismo e Marineda Presentación da publicación

A publicación recolle unha selección de textos de Emilia Pardo Bazán sobre Marineda na prensa periódica.

A presentación correrá a cargo de Anxo Lorenzo, director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Doda Vázquez, presidenta da Asociación da Prensa de A Coruña, Xulia Santiso, editora literaria e conservadora da Casa Museo Emilia Pardo Bazán.

A presentación terá lugar na sede da Fundación Luís Seoane, na Rúa San Francisco, 27.

BOOKCROSSING 2023

BOOKCROSSING 2023 Celebración do día do libro. 23 de abril

O Museo das Peregrinacións e de Santiago comenzará a mañá liberando libros nas rúas de Santiago. A biblioteca do museo participa novamente no bookcrossing organizado por Artium. Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo, e con outras bibliotecas de museos e centros de arte de toda España puxéronse de acordo para encher de libros as cidades.

Facultades, estacións, mercados, parques... Vai atento, vai atenta, calquera lugar é válido para atopar algunha das nosas publicacións. Despois de lelos, poderás liberalos noutro lugar para que outras persoas gocen deles.

NOVIDADES NA BIBLIOTECA do Museo das Peregrinacións e de Santiago

NOVIDADES NA BIBLIOTECA do Museo das Peregrinacións e de Santiago Celebración do día do libro. 23 de abril

O día 23, a biblioteda do Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta as novidades de publicacións nas redes sociais.  

Para isto fixo unha pequena selección das máis demandadas cunha breve reseña para que as coñezades máis a fondo. Hai libros de peregrinacións, de museos, de historia e arte, da cidade de Santiago... https://issuu.com/bibliotecamdps/docs/novopdf

CENTRO DE INTERESE ALFONSO SUCASAS NA BIBLIOTECA

CENTRO DE INTERESE ALFONSO SUCASAS NA BIBLIOTECA Celebración do día do libro. 23 de abril

O Museo das Peregrinacións e de Santiago realizará unha presentación nas redes sociais do centro de interese “Alfonso Sucasas”. Na biblioteca do museo fixemos unha pequena mostra dos libros que temos sobre este pintor, que expón actualmente no museo (Sucasas. Camiño e mitoloxía)

Sucasas é un pintor galego (Goiás, Lalín 1940 – Ferreirós, Vila de Cruces 2012) cuxa vida transcorreu entre Galicia, Madrid, Venezuela e Brasil, lugares onde se foi fraguando a súa concepción da pintura.

Escola de escribas

Escola de escribas Actividades do día do libro no MUPEGA

Actividade na que a rapazada, con motivo do Día do Libro, terá a oportunidade de aprender sobre os inicios da escritura no mundo e da importancia desta ferramenta na comunicación e rexistro de información. Coñecerán distintos soportes e utensilios empregados ao longo da historia e experimentarán con algúns deles construíndo as súas propias táboas de cera, un dos sistemas de escritura da antiga Roma.

Venres 21 de abril de 17:30 a 18:30

Público infantil de 6 a 11 anos

Actividade gratuíta

Subscribirse a Entrada de balde