Ir o contido principal

Entrada de balde

O lecer une

O lecer une Actividades de primavera no Museo Etnolóxico de Ribadavia

No Museo Etnolóxico de Ribadavia terá lugar unha charla-coloquio sobre o tema: Mulleres e xogos da comarca do Ribeiro, visibilizando o invisible, impartida por Manuela Vázquez Coto.

Faladoiro, xogo e música.

Horario de apertura especial Semana Santa

Horario de apertura especial Semana Santa Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

 O Museo de Belas Artes da Coruña contará cun horario de apertura especial en Semana Santa. Con motivo da exposición: Picasso, Branco no recordo azul o museo abrirá as súas portas os festivos seguintes:

- Xoves 6, venres 7 e sábado 8 :

      - 10:00-14:00

      - 16:30-20:00

-Domingo 9:

    - 10:00-14:00

 

Peza do mes: POTE. MODELO Nº5

Peza do mes: POTE. MODELO Nº5 Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A presentación terá lugar o mércores 12 de abril ás 20.00 h na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Ana María Malingre Rodríguez.

Proxección-Mapping

Proxección-Mapping Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

O sábado, 8 de abril conmemórase o 50 aniversario da morte de Pablo Picasso. Con tal motivo durante todo o día farase unha proxección-Mapping sobre a fachada do museo, coa cor azul da imaxe corporativa da exposición.

A MOEDA EN GALICIA DESDE A CAETRA ATA O EURO

A MOEDA EN GALICIA DESDE A CAETRA ATA O EURO VI XORNADAS DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO LUCENSE

A Numismática é a ciencia que estuda as moedas, desde a súa descrición ata o seu contexto arqueolóxico, histórico e interpretación.

O termo “moeda” procede do latín moneta, sobrenome da deusa romana Iuno Moneta, xunto a cuxo templo os antigos romanos situaron o seu primeiro obradoiro de cuñaxe. As moedas son a forma de diñeiro máis importante da historia, dende a súa aparición a finais do s. VII a.C. na costa grega de Asia Menor e na China.

Xornada Picassiana: Os museos como centros de investigación

Xornada Picassiana: Os museos como centros de investigación Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

Seguindo cos ciclos de conferencias que desde hai anos organiza o museo, nos que se reúnen especialistas de distintas disciplinas relacionadas co ámbito da Cultura para tratar un novo tema en cada convocatoria, queremos dedicar a presente edición á obra do artista malagueño. Para iso, contaremos coa presenza de responsables dos distintos museos picassianos, así como doutras importantes institucións vinculadas dalgunha maneira coa figura do pintor, para afondar e debater sobre distintos aspectos da súa traxectoria artística e vital.

Travesías: aventuras de libro

Travesías: aventuras de libro Espectáculo de narración oral con obxectos e monicreques

Ata hai pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa e case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. En cambio, neste espectáculo agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños. Contos que transmiten valores de igualdade, respecto e convivencia entre nenos e nenas e entre mulleres e homes.

Dirección e interpretación: Raquel Queizás

Subscribirse a Entrada de balde