Ir o contido principal

Entrada de balde

Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica

Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica Novo curso adicado as representacións no mundo grecorromano

O Museo inicia no primeiro semestre do ano unha nova edición do ciclo anual "Os temas da arte". Está concibido como unha continuación natural do desenvolvido no outono de 2024, onde se estudaron as divindades do panteón grecorromano, xa que os heroes e heroínas obxecto de análise esta vez son descendentes de relacións que tiveron con mortais os deuses estudados anteriormente.

XVII Premio Atlante de Gravado

XVII Premio Atlante de Gravado

A Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital convocou a edición de 2025 do Premio Internacional Atlante de Gravado, que aglutina os seguintes galardóns, ademais de comportar a edición das obras distinguidas:

Premio Ramiro Carregal de gravado de 5.000 €

Tres premios dotados con 2.500 € cada un

Un premio especial Pedras de Santiago, de 2.000 €, para un/unha artista nado/a ou residente en Galicia

Un premio para artistas menores de 25 anos na data da convocatoria do premio, dotado con 2.000 €.

 

“Internalities” para Galicia

“Internalities” para Galicia Programa público

"Internalities: Architectures for Territorial Equilibrium", o Pavillón de España na Bienal de Arquitectura de Venecia de 2025, explora como os arquitectos podemos (e debemos) minimizar as externalidades ambientais asociadas cos procesos de produción para avanzar cara á descarbonización da construción. Internalities pon en valor o traballo dunha nova xeración de estudios españois caracterizados polo emprego de recursos locais, rexenerativos e de baixa pegada de carbono.

Peza do mes: Cabeza antropomorfa de Armea

Peza do mes: Cabeza antropomorfa de Armea Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes aos fondos do Museo

A presentación pública terá lugar o 11 de febreiro, mércores ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, do fondo arqueolóxico) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

Cine arqueolóxico

Cine arqueolóxico Arqueoloxía en cinema

O Museo Arqueolóxico de Ourense retoma brevemente as proxeccións de cine, coa colaboración do Cineclub Padre Feijoó, na Casa da Cultura (rúa Concello 11, Ourense): 

- Proxección do curto “O camiño de Cova Eirós”. A presentación e coloquio estará a cargo de Arturo de Lombera Hermida, profesor de Prehistoria da Universidade de Oviedo e director das escavacións de Cova Eirós.

- Proxección do curto “Jesús Carrera: O vermello de Hondarribia”.

Peza do mes: Letras capitulares

Peza do mes: Letras capitulares Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes aos fondos do Museo

A presentación pública terá lugar o 14 de xaneiro, mércores ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, do fondo documental) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A luz das ánimas

A luz das ánimas Proxección dun documental no Museo Liste

O Museo Etnográfico Liste de Vigo acolle a proxección do documental “A luz das ánimas” dirixido por Sergio Santos Otero e producido por Lembrame.gal.

En A luz das ánimas mergullámonos nunha viaxe por un universo de luces, voces, lembranzas e camiños que unen xeracións. É certo que se fala da morte, pero dunha morte que mantén vivos, a través da memoria, a aqueles que xa abandonaron este mundo. A peza pretende amosar, así, a forza das tradicións e da memoria colectiva galega.

Desenvolvemento:

 Presentación do documental a cargo de Gusi Domarco de Lembrame.gal

Subscribirse a Entrada de balde