Ir o contido principal

Entrada de balde

Os xoguetes de antes

Os xoguetes de antes Obradoiros creativos para nenas e nenos durante as vacacións do Nadal

O Museo Etnolóxico organiza dous obradoiros para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, para fomentar a creatividade mentres se xoga con materiais. As propostas son as seguintes:

- O 23 de decembro: Unha oliña para agasallar. Un obradoiro de cerámica, elaborando e decorando unha pequena vasilla.

- O 30 de decembro:Tecidos de Nadal. Un obradoiro de teares, creando decoración navideña empregando la como material.

 

Os xoguetes de antes

Os xoguetes de antes Obradoiros creativos para nenas e nenos durante as vacacións do Nadal

O Museo Etnolóxico organiza dous obradoiros para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, para fomentar a creatividade mentres se xoga con materiais. As propostas son as seguintes:

- O 23 de decembro: Unha oliña para agasallar. Un obradoiro de cerámica, elaborando e decorando unha pequena vasilla.

- O 30 de decembro:Tecidos de Nadal. Un obradoiro de teares, creando decoración navideña empregando la como material.

 

Peza do mes: Cachimba de arxila

Peza do mes: Cachimba de arxila Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes aos fondos do Museo

A presentación pública terá lugar o mércores 10 de decembro ás 20:00 h, na sala de Exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, dos arqueolóxicos) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

I Semana de cine arqueolóxico

I Semana de cine arqueolóxico Achegamento á cinematografía relacionada co mundo arqueolóxico

Esta semana, na Casa da Cultura de Ourense, e en colaboración co Cineclube Padre Feijoo o MAPOU presenta a Semana de Cine Arqueolóxico, coas seguintes proxeccións:

- 2 de decembro: Homo Sapiens, as novas orixes (Julien Olivier, Francia, 2020)

Presentada por Mikel Díaz Rodríguez (profesor de Prehistoria Uvigo)

 

-3 de decembro: A cidade esquecida da dinastía Ming (Stéphane Bégoin, China-Francia, 2024)

Presentada por Óscar Penín Romero (Xestor cultural e comisario de exposicións)

Marxes Fílmicas 2025. China

Marxes Fílmicas 2025. China Achegamento a outras realidades cinematográficas

En colaboración co Cineclube Padre Feijoo, con quen se iniciou en 2012 este ciclo, continúa xa coa súa décimo cuarta edición, mirando este ano cara a China. A selección realizada, busca un achegamento a outras realidades cinematográficas. Este ano, as Marxes fílmicas 2025 celebran a coincidencia coa exposición actual “Made in China”, que pode visitarse no Museo etnolóxico.

As proxeccións serán coa entrada de balde ata completar o aforo.

Os filmes que se proxectarán son os seguintes:

Peza do mes: Historia natural de Georges-Louis Leclerc

Peza do mes: Historia natural de Georges-Louis Leclerc Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes aos fondos do Museo

A presentación pública terá lugar o 12 de novembro ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, do fondo documental) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

Os carteis de cego na obra de Isaac Díaz Pardo

Os carteis de cego na obra de Isaac Díaz Pardo Espectáculo teatral

Os cegos cantores eran personaxes populares que ben seguro Isaac Díaz Pardo puido ver e escoitar nas distintas feiras galegas. Estes músicos ambulantes amenizaban os días de mercado cantando romantes e axudábanse de ilustracións para situar ao público na historia.

Díaz Pardo rendeulles homenaxe nos seus carteis de cego Paco Pixiñas, a Nave Espacial ou o Marqués de Sargadelos, expostos na mostra A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo.

Subscribirse a Entrada de balde