Ir o contido principal

25 de maio - 19:30h Arqueoloxía, economía e moeda na Gallaecia altomedieval Arqueoloxía en Monodose

Tras a boa acollida deste ciclo nos meses anteriores, o MAPOUR continúa co ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas e coñecer mellor o noso patrimonio.

Nesta ocasión, a conferencia abordará un periodo de transición de difícil estudio pero fascinante, o alto medievo, co título: "Arqueoloxía, economía e moeda na Gallaecia altomedieval", a cargo de José Carlos Sánchez Pardo.

A conferencia terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense