Ir o contido principal

Do 14 de abril ao 5 de setembro do 2026 - 11:00h Visitas guiadas a grupos Escolma de escultura do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

As visitas guiadas á exposición «Escolma de Escultura» 2026 atópanse xa dispoñibles. As visitas estarán abertas entre o 14 de abril e o 5 de setembro de 2026.

As visitas organizaranse en grupos de entre 5 e 25 persoas e terán unha duración aproximada de 45 minutos.

Para asistir, é imprescindible realizar reserva previa, ben a través do teléfono 988788439 ou mediante o enderezo electrónico mapour@xunta.gal . Nestes mesmos medios de contacto tamén se poderá solicitar información adicional ou resolver calquera dúbida sobre estas.