Ir o contido principal

23 de abril - 18:00h A biblioteca do Museo de Belas Artes Día do libro 2026

Con motivo da celebración do Día do Libro, desde a Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña organízase unha visita guiada pola sala de lectura.

A biblioteca, especializada en arte, inclúe obras de referencia, manuais e catálogos de arte, publicacións periódicas nacionais e internacionais, catálogos de poxas e materiais especiais. Na visita explicarase a historia e evolución da biblioteca e das súas coleccións e os seus servizos.

A inscrición pode facerse nesta ligazón do museo