Ir o contido principal

Etnografía e Antropoloxía

Mensaxe de erro

User error: "url" is an invalid render array key in Drupal\Core\Render\Element::children() (line 98 of core/lib/Drupal/Core/Render/Element.php).
Icono

Museo Liste de Vigo

O Museo Liste de Vigo nace a través da Fundación Liste-Museo Etnográfico de Vigo, que recolle o legado de Olimpio Liste Regueiro no eido da etnografía,  a través do que ofrecer una visión globalizadora do patrimonio etnográfico galego.

Conta con nove salas de exposición permanente, distribuídas en tres plantas, que abarcan os seguintes aspectos: 

A cultura do Centeo, que evoca nun percorrido cronolóxico a importancia deste cereal no agro galego. 

Museo Provincial do Mar

O Museo do Mar nace en 1969, como froito da gran paixón do mestre D.Francisco M. Rivera Casás por recoller e coleccionar obxectos relacionados co mar. Dende os seus inicios pretende reflectir a vida mariñeira da costa lucense e amosa-la súa riqueza biolóxica e etnográfica. O edificio que serve de sede ao museo construíuse no ano 1931 para albergar a Escola Unitaria de San Cibrao.

Museo Etnográfico e do Viño de Cambados

A Colección Etnográfica e do Viño está situada xunto a un dos lugares mais emblemáticos do concello, ao carón das ruínas da igrexa medieval de Santa Mariña Dozo (século XV).

O centro está dedicado a explicar todos os temas relacionados co cultivo da vide e coa produción vinícola; o discurso expositivo deseña un percorrido pola historia, a arte, a cultura popular, así como por todos os aspectos vitivinícolas das distintas variedades de cepas e a elaboración do viño da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Palloza Casa do Sesto

A palloza “Casa do Sesto” remóntase alomenos ata 1770 e foi vivenda habitual dos actuais propietarios ata o ano 1970. Dende 1989 permanece aberta ao público e no ano 2007 obtivo o recoñecemento da administración autonómica como colección visitable, de contido etnográfico. O obxectivo da palloza é dar a coñecer a forma de vida e a cultura tradicional desta zona de alta montaña, mantendo a estrutura primitiva destas construcións sen modificar nin alterar, e salvagardando no seu interior ferramentas e aparellos relacionados cos seus usos orixinais.

Colección Casa do Patrón

O Museo da Casa do Patrón é un museo etnográfico con máis de 4.000 pezas recollidas por toda a xeografía galega, que supera os 2.000 m2 de exposición distribuídos en tres edificios.

Conta con trece salas de exposición organizadas por temáticas, onde se pode observar as antigas escolas, pasando polos hábitos de vida dos nosos devanceiros, oficios esquecidos, unha taberna, un forno o unha forxa tradicional, así como os apeiros que singularizan todos os oficios e actividades da labranza e a gandería nos últimos séculos, como memoria viva da nosa historia.

Parque Etnográfico do Río Arnoia

O Parque Etnográfico do Río Arnoia nace como resposta a unha idea de recuperación e integración na vida da vila de Allariz dos elementos do patrimonio etnográfico que aínda subsisten sobre o territorio, pertencentes ás actividades económico-culturais xeradas ó redor do río Arnoia, principalmente o curtido de peles e a transformación de gran de cereal.

Pazo de Arxeriz

O Pazo de Arxeriz atópase na Ribeira Sacra, no concello do Saviñao, parroquia de Fión, dentro dunha finca de 30 hectáreas cunha situación privilexiada na ribeira do Miño. O museo está composto polas salas habilitadas dentro do pazo do século XVII e por unha serie de edificios de arquitectura popular situados dentro da finca.

Museo do Pobo Galego

O museo sitúase no edificio do antigo convento de San Domingos de Bonaval (s. XVII-XVIII). As primeiras salas abriron no ano 1977; dende entón o museo, con gran base social en Galicia, rehabilitou todo o recinto conventual e incrementou os seus fondos, algo que lle permitiu ampliar os seus espazos expositivos e mostrar as diversas manifestacións da cultura galega.

Subscribirse a Etnografía e Antropoloxía