Ir o contido principal

Colección Casa do Patrón

Colección Casa do Patrón

O museo

O Museo da Casa do Patrón é un museo etnográfico con máis de 4.000 pezas recollidas por toda a xeografía galega, que supera os 2.000 m2 de exposición distribuídos en tres edificios.

Conta con trece salas de exposición organizadas por temáticas, onde se pode observar as antigas escolas, pasando polos hábitos de vida dos nosos devanceiros, oficios esquecidos, unha taberna, un forno o unha forxa tradicional, así como os apeiros que singularizan todos os oficios e actividades da labranza e a gandería nos últimos séculos, como memoria viva da nosa historia.

O museo dispón dun restaurante, situado dentro do entorno museístico, especializado en gastronomía tradicional e produtos autóctonos.

 

http://www.museocasadopatron.com

Codeseda, 7. Doade
36519, Lalín

Tlf. 986 692 203 - 635 939 890
Fax 986 787 341

info@museocasadopatron.com

Horario

Martes a domingo de 10 a 14 h e de 16 a 19 h


Tarifas

Visita individual:
- Adultos/as: 5 €
- Nenos/as de 3 a 10 anos: 2,5 €
Grupos de máis de 25: 2,5 €
Actividades, obradoiros e comidas: previa reserva