Ir o contido principal

Conxunto Etnográfico do Cebreiro

O museo

Cunha superficie aproximada de 300 metros cadrados, está conformado por un grupo de pallozas que recrean a vida na montaña lucense e que se localizan no núcleo histórico por onde entra en Galicia o Camiño Francés a Santiago de Compostela, declarado Ben de Interese Cultural. 

O conxunto sitúase no contorno do santuario mariano e xacobeo de Sta. María do Cebreiro, que se remonta ao século X. Fórmano catro pallozas, tres delas musealizadas -a de Xan López (palloza-museo), a do Quico e a de Galán (visitables)- e outra empregada como almacén (a de Campelo). Son construcións de planta ovalada, muros baixos e teitos de palla, nas que durante séculos convivían persoas e animais.

A tipoloxía dos fondos é integramente etnográfica. As pallozas son vivendas adaptadas á montaña, con poucos vans e un alto teito de palla moi tupido, que soporta o peso da neve e resiste os ventos, configuración idónea para a súa adaptación ao hábitat. Tanto a arquitectura como os obxectos situados nos seus interiores reflicten o ambiente tradicional da montaña lucense, coa exposición de mobles, útiles para o traballo téxtil, para os traballos agrícola e gandeiro e os relacionados coa vida cotiá.

O museo é de titularidade estatal e xestionado pola Xunta de Galicia.

Información do museo en PDF

O Cebreiro
27671, Pedrafita do Cebreiro

Tlf. +34 982 828 730
museo.viladonga@xunta.gal

Horario

Inverno (1 de outubro a 14 de xuño):
De martes a sábados: de 11 a 18 h
Verán (15 de xuño a 30 de setembro):
De martes a sábados: de 8:30 a 14:30 h
Luns, domingos e festivos, pechado


Tarifas

Entrada gratuíta