O museo
A sede do Museo é o edificio do antigo Pazo Episcopal, situado en pleno centro histórico da cidade e declarado monumento histórico artístico en 1931. Trátase dun conxunto edificado, cunha parte central románica e engadidos posteriores.
Na actualidade o conxunto está en remodelación. Os servizos do museo trasladáronse ao edificio Santa María de Europa, na Carballeira, no que se almacenan a maioría das coleccións, agás unha selección da escultura máis representativa, que se mostra permanentemente baixo o titulo “Escolma de Escultura” na sala de exposicións San Francisco, que serve tamén de base para outras actividades puntuais.
O museo conserva unha importante cantidade de fondos dunha gran variedade tipolóxica. As coleccións conteñen unha ampla sección histórico-arqueolóxica, con series representativas do mundo paleolítico e megalítico; pezas do mundo castrexo e galaicorromano e as de época romana, destacando a epigrafía. O museo custodia tamén unha serie arqueolóxica prerrománica e medieval, principalmente construtiva, ademais dunha sección de belas artes, que reúne escultura do renacemento e barroco, pintura do século XVII e XVIII, pintura de finais do século XIX, basicamente a obra do pintor ourensán Ramón Parada Justel, e artes decorativas.
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense é de titularidade estatal e xestionado pola Xunta de Galicia.
Galería
-
Fachada do antigo Pazo Episcopal
-
Arracada de Vilar de Santos (cultura castrexa)
-
“Escolma de Escultura” na sala de exposicións San Francisco
-
Placa de Amiadoso (século II d.C. e séculos IX-X d.C.)
-
Claustro do Pazo Episcopal
-
"Cabaleiro orante de Beade". Francisco de Moure (1º cuarto do s. XVII)
-
Nosa Señora do Refuxio (último terzo do século XII)