Ir o contido principal

A visita

A visita

Como chegar

Pode chegar á “Sala San Francisco” nas liñas de autobús urbano 11A, 11B e está próxima a parada da liña 18 (parada da rúa da Canle).

Pode chegar ao edificio de Santa María de Europa - A Carballeira nas liñas de autobús urbano 10 e nalgunha das rutas da liña C17.

Accesibilidade

As instalacións do museo non están adaptadas para a circulación de persoas con mobilidade reducida.

Normas de acceso

Edificio Santa Mª de Europa (biblioteca e consulta das coleccións)
Poden acceder á consulta dos fondos museográficos e documentais os investigadores que atendan as seguintes condicións: solicitude previa á dirección do centro, acreditación da identidade (presentación de DNI ou equivalente), formalización da ficha de investigador e atender ás indicacións prescritas polo museo. As solicitudes previas faranse por teléfono ou correo electrónico.

Escolma de Escultura. Sala San Francisco
Está permitido fotografar e filmar para uso particular, sen trípode e sen flash.

Os grupos non poderán superar as 30 persoas, de ser así dividirase en quendas.

En todas as dependencias do museo está admitida a entrada de cans guía.

Visitas guiadas

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense organiza os xoves, ata o 26 de xuño de 2014, visitas guiadas gratuítas á:

Sala de Escultura de San Francisco
Horarios: 11.00h. 12.30h
Grupos reducidos. Duración aproximada: 45 minutos.
Máis información

Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé
Horarios: 11.00h. 12.30h. 16.00h
Grupos reducidos. Duración aproximada: 45 minutos.
Máis información

Os grupos deben anotarse por teléfono ou correo electrónico.

 

https://musarqourense.xunta.gal

Edificio Principal, Escaleiras de Santa María Nai 1 (Praza Maior) 32005 Ourense (Provisionalmente pechado ao público por obras de reforma) / Sede temporal: Biblioteca e área técnica, Edificio Santa María de Europa, Rúa Xílgaros s/n, A Carballeira 32002 Ourense / Sede temporal: Sala de exposición “Escolma de escultura”, Rúa da Granxa, Campo de San Francisco
32005, Ourense

Tlf. +34 988 788 439 / + 34 988 788 417
Fax +34 988 788 450

mapour@xunta.gal

Horario

Sala San Francisco. Escolma de Escultura
De martes a sábados, de 9:00 a 21:00 h
Domingos, de 9:00 a 15:00 h
Pechado os luns e os festivos oficiais
Edificio Santa Mª de Europa. Biblioteca e área técnica
De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h
Solicitude previa por teléfono ou correo electrónico

Tarifas

Entrada gratuíta