Ir o contido principal

Inscrición previa

VISITA GUIADA AO LABORATORIO DE RESTAURACIÓN DO MAPOUR

VISITA GUIADA AO LABORATORIO DE RESTAURACIÓN DO MAPOUR Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Con motivo da celebración do día dos museos o MAPOUR ofrece unha visita guiada ao seu laboratorio de restauración 

Día 18: 17:30h

Día 19: 10:30h e 12:00h

Edificio Santa María de Europa

Prazas limitadas. É necesario anotarse.

Inscrición e máis información: 988 788 439 / mapour@xunta.es

Obradoiro interactivo sobre materiais da prehistoria na Idade do Bronce

Obradoiro interactivo sobre materiais da prehistoria na Idade do Bronce Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

OBRADOIROS DE ARQUEOLOXÍA EXPERIMENTAL

Realizados por AAEX (Área de Arqueoloxía Experimental).

Colaboración co CIMM (Centro de Información Municipal ás Mulleres). Concello de Ourense.

Colaboración co Espazo +60 Afundación – Ourense

Colaboración co Museo Municipal

Día 18: 11:30h e 18:00h

Día 19: 11:30h e 18:00h

Claustro de San Francisco

Prazas limitadas. É necesario anotarse.

Sentir a arqueoloxía

Sentir a arqueoloxía Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

VISITA AO MUSEO ARQUEOLÓXICO PROVINCIAL DE OURENSE

“Sentir a arqueoloxía”

12:00h

Edificio Santa María de Europa

Colaboración coa ONCE. Delegación Territorial Galicia

Colaboración coa Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da UVigo. Campus de Ourense

Inscrición e máis información: 988 788 439 / mapour@xunta.es

MUSEOS, SOSTEMENTO E BENESTAR

MUSEOS, SOSTEMENTO E BENESTAR Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Para conmemorar o Día Internacional dos Museos, este 18 de maio propoñémos un reto no Castro.

Durante toda a mañá desenvolverase na contorna do castro unha actividade de orientación coa búsqueda de puntos claves e preguntas de observación.

A actividade axudará a comprender mellor a nosa historia e o espazo natural do Castro de Viladonga.

Para participar chamar ao teléfono: 982 870 161

De paseo polo camiño do viño

De paseo polo camiño do viño Actividades de primavera no Museo do Viño de Galicia

O Museo do Viño de Galicia organiza unha ruta a pé de 12 km polo Ribeiro, de baixa intensidade, que parte de Ribadavia e pasa pola Veronza, A Quinza e chega a Santo Andrés, onde se fará unha visita ao Museo do Viño de Galicia. O regreso realizarase por San Cristovo. Os participantes coñecerán a cultura do viño visitando viñedos e monumentos históricos. Recoméndase levar roupa e calzado cómodo, auga e comida.

Escola de escribas

Escola de escribas Actividades do día do libro no MUPEGA

Actividade na que a rapazada, con motivo do Día do Libro, terá a oportunidade de aprender sobre os inicios da escritura no mundo e da importancia desta ferramenta na comunicación e rexistro de información. Coñecerán distintos soportes e utensilios empregados ao longo da historia e experimentarán con algúns deles construíndo as súas propias táboas de cera, un dos sistemas de escritura da antiga Roma.

Venres 21 de abril de 17:30 a 18:30

Público infantil de 6 a 11 anos

Actividade gratuíta

Subscribirse a Inscrición previa