Ir o contido principal

Inscrición previa

Obradoiros en familia

Obradoiros en familia Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

Trátase de que os participantes desenvolvan as súas propias creacións utilizando como contextualización distintas obras da exposición temporal Picasso branco no recordo azul, de tal forma que sirvan de base e inspiración.

Os obradoiros realizaranse os Sábados:

15, 22 e 29 de abril

6, 13, e 27 de maio

3, 10 e 17 de xuño.

 

Horario: 17:00 a 18:30 h

Organiza: Museo de Belas Artes

Monitor: Arkhé Espacio Educativo

Público: Nenos e nenas de 4 a 10 anos, acompañados dun adulto

Prazas: 12

Obradoiros xuvenís

Obradoiros xuvenís Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

Obradoiros xuvenís. Picasso branco no recordo azul.

Obradoiro de cómic usando como base as obras da exposición

Os obradoiros Terán lugar os sábados:

15, 22 e 29 de abril

6, 13, e 27 de maio

3, 10 e 17 de xuño

Horario: 12:00 a 13:30 h

Organiza: Museo de Belas Artes

Monitor: Arkhé Espacio Educativo

Destinatarios: Rapaces e rapazas de 10 a 14 anos

Prazas: 10

Prezo: Gratuíto

Lugar: Museo de Belas Artes da Coruña

Inscrición:

A MOEDA EN GALICIA DESDE A CAETRA ATA O EURO

A MOEDA EN GALICIA DESDE A CAETRA ATA O EURO VI XORNADAS DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO LUCENSE

A Numismática é a ciencia que estuda as moedas, desde a súa descrición ata o seu contexto arqueolóxico, histórico e interpretación.

O termo “moeda” procede do latín moneta, sobrenome da deusa romana Iuno Moneta, xunto a cuxo templo os antigos romanos situaron o seu primeiro obradoiro de cuñaxe. As moedas son a forma de diñeiro máis importante da historia, dende a súa aparición a finais do s. VII a.C. na costa grega de Asia Menor e na China.

Xornada Picassiana: Os museos como centros de investigación

Xornada Picassiana: Os museos como centros de investigación Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

Seguindo cos ciclos de conferencias que desde hai anos organiza o museo, nos que se reúnen especialistas de distintas disciplinas relacionadas co ámbito da Cultura para tratar un novo tema en cada convocatoria, queremos dedicar a presente edición á obra do artista malagueño. Para iso, contaremos coa presenza de responsables dos distintos museos picassianos, así como doutras importantes institucións vinculadas dalgunha maneira coa figura do pintor, para afondar e debater sobre distintos aspectos da súa traxectoria artística e vital.

Travesías: aventuras de libro

Travesías: aventuras de libro Espectáculo de narración oral con obxectos e monicreques

Ata hai pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa e case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. En cambio, neste espectáculo agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños. Contos que transmiten valores de igualdade, respecto e convivencia entre nenos e nenas e entre mulleres e homes.

Dirección e interpretación: Raquel Queizás

MIES É+ TALLERES EXPERIMENTAIS DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA 2023

MIES É+ TALLERES EXPERIMENTAIS DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA 2023

MIES É+ TALLERES EXPERIMENTAIS DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA 2023

29 xaneiro 2023 - 09 maio 2023

11:00-13:00 h

Coordinación: Virginia Villar

Dirección: Fermín Blanco

 

O CGAC presenta a oitava edición deste ciclo de talleres dedicado á arquitectura contemporánea e dirixido ao público infantil.

A CULTURA CASTREXA NO VAL MIÑOR: ESTADO DA CUESTIÓN E RETOS SOCIAIS

A CULTURA CASTREXA NO VAL MIÑOR: ESTADO DA CUESTIÓN E RETOS SOCIAIS Xornada sobre a cultura castrexa no Val Miñor

A CULTURA CASTREXA NO VAL MIÑOR: ESTADO DA CUESTIÓN

10:00 Rosa Villar Quinteiro: Os Castros do Val Miñor. Estado da cuestión.

10:45 Darío Peña Pascual: Escavacións no Castro de Chandebrito. Nigrán

11:45 Rosa Villar, Nicolás Villacieros Robineau: O Castro de Panxón

12:45 Pausa cafe

EXPERIENCIAS DE POSTA EN VALOR DUN CASTRO

13:00 Rafael Rodríguez: O Castro de Santa Trega, A Guarda.

 

Entrada libre ata completar aforo (60 persoas). É necesario reservar praza.

Subscribirse a Inscrición previa