Ir o contido principal

Inscrición previa

A arte do exilio galego

A arte do exilio galego A arte do exilio galego no Museo Provincial de Lugo

A Lei 20/2022 do 19 de outubro de Memoria democrática estableceu o 8 de maio como o Día Oficial do Exilio en homenaxe ás vítimas da diáspora, cumprindo a débeda cos que tiveron que fuxir da súa terra e recoñecendo a medio millón de persoas que padeceron esa experiencia por mor dun conflito bélico fratricida e do posterior réxime ditatorial.

Con ollos de científic@

Con ollos de científic@ Obradoiro infantil

Obradoiro infantil (de 8 a 11 anos)

Actividade na que nenas e nenos poderán descubrir, a través da realización de sinxelos experimentos, os principios científicos nos que se basea o funcionamento dunha das pezas que forman parte da colección do museo: o fonógrafo, o primeiro aparello capaz de gravar e reproducir sons.

Venres 17 de novembro de 17:30 a 18:30

Nenos e nenas de 8 a 11 anos

Actividade gratuíta

Imprescindible reserva previa a través da web do museo:

Arte segreda

Arte segreda Obradoiros en familia

Como todos os anos, o Museo organiza obradoiros para levar a cabo en familia. Nesta convocatoria céntranse no Barroco, que, polas súas características (gran realismo, abundancia de temática relixiosa, forte contraste entre luces e sombras que lle confire unha certa tenebrosidade...) non adoita ser un dos movementos artísticos elixidos para achegar a arte aos nenos e ás nenas.

ROTEIRO SOBRE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

O pasado Día das Letras Galegas 2023 dedicou a súa 60ª edición á figura de Francisco Fernández del Riego, tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor galego.

Estes percorridos, deseñados para todos os públicos, vincularán a figura de Fernández del Riego con diversas obras e autores da colección permanente do Museo de Belas Artes da Coruña.

Duración: 1 hora

Inscrición:

Museo en familia

Museo en familia Diversas actividades dentro dunha programación diversa e integradora con especial atención ás crianzas e as súas familias

Un ano máis o Museo abre unha vía máis lúdica entre o Museo e a cidadanía a través de obradoiros, concertos, lecturas e teatro. Durante os meses de setembro a decembro o MDPS pon en marcha a sexta edición do programa ‘Museo en Familia’. Unha programación diversa e integradora que busca converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos nenos e nenas e á súa contorna familiar.

Museo en familia

Museo en familia Diversas actividades dentro dunha programación diversa e integradora con especial atención ás crianzas e as súas familias

Un ano máis o Museo abre unha vía máis lúdica entre o Museo e a cidadanía a través de obradoiros, concertos, lecturas e teatro. Durante os meses de setembro a decembro o MDPS pon en marcha a sexta edición do programa ‘Museo en Familia’. Unha programación diversa e integradora que busca converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos nenos e nenas e á súa contorna familiar.

Arte segreda

Arte segreda Obradoiros en familia

Como todos os anos, o Museo organiza obradoiros para levar a cabo en familia. Nesta convocatoria céntranse no Barroco, que, polas súas características (gran realismo, abundancia de temática relixiosa, forte contraste entre luces e sombras que lle confire unha certa tenebrosidade...) non adoita ser un dos movementos artísticos elixidos para achegar a arte aos nenos e ás nenas.

Arte segreda

Arte segreda Obradoiros en familia

Como todos os anos, o Museo organiza obradoiros para levar a cabo en familia. Nesta convocatoria céntranse no Barroco, que, polas súas características (gran realismo, abundancia de temática relixiosa, forte contraste entre luces e sombras que lle confire unha certa tenebrosidade...) non adoita ser un dos movementos artísticos elixidos para achegar a arte aos nenos e ás nenas.

IX Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro

FUNPROMAR (Museo ANFACO de la industria conserveira), xunto coa fundación FUNDAMAR convocan ás “IX Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro”, que terán lugar o luns 31 de outubro ás 11:00h no Edificio Redeiras (Rúa da Ribeira do Berbés, 11) Vigo, no marco de actuación da marca SEREAS, e que conta co apoio do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra.

Subscribirse a Inscrición previa