Ir o contido principal

18 de novembro - 17:30h Arte segreda Obradoiros en familia

Como todos os anos, o Museo organiza obradoiros para levar a cabo en familia. Nesta convocatoria céntranse no Barroco, que, polas súas características (gran realismo, abundancia de temática relixiosa, forte contraste entre luces e sombras que lle confire unha certa tenebrosidade...) non adoita ser un dos movementos artísticos elixidos para achegar a arte aos nenos e ás nenas.

Alma Blanco (Arkhé Espacio Educativo) como monitora, propón mirar os cadros con outros ollos, descubrindo os seus segredos para crear as nosas propias versións da arte barroca "sen límites", empregando como punto de partida e inspiración varias obras da colección do museo.

O curso desenvolverase durante varios sábados, do 21 de outubro ao 02 de decembro de 2023. 

Destinatarios: familias con nenos e nenas de 4 a 12 anos. Horario: 17:30 a 19:00 h

Programación:

Barroco Pop-up (21 e 28 de outubro, 4 e 11 de novembro)

Empregaranse distintas técnicas para construír un escenario tridimensional, con personaxes e obxectos que escapan das dúas dimensións. 

Minimundos Barrocos (18 e 25 de novembro, 2 de decembro)

Crearase un universo barroco propio, empregando materiais e técnicas que invitan ao desenvolvemento da creatividade.

Todas as actividades son de balde previa inscrición que se abrirá o luns previo a cada obradoiro a partir das 10:00 horas. 

Para a inscrición e saber máis, nesta ligazón.

Estas actividades están impulsadas pola Consellería de Cultura, Educación, F.P. e Universidades en colaboración coa Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, no marco do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad (Gobierno de España).