Ir o contido principal

Inscrición previa

Galiverso dos museos

Galiverso dos museos Conmemoración do Día Internacional dos Museos 2024

O Museo das Peregrinacións e de Santiago acolle o proxecto Galiverso dos Museos, unha experiencia de realidade virtual que permite entrar nunha versión dos once museos xestionados pola Xunta de Galicia nas catro provincias galegas. O usuario poderá observar e interactuar con algunhas das pezas máis destacadas destes centros.

Actividade de balde con reserva previa. Horario de martes a venres de 11:30 ás 14:30 h. Quendas cada 30 min.

Tecer recursos

Tecer recursos Conmemoración do Día Internacional dos Museos 2024

Para nenos e nenas de 6 a 10 anos acompañados dun adulto. A partir do lema deste ano, Museos pola educación e a investigación, e tendo en conta que este ano o Día Internacional dos Museos apóiase  no noveno obxectivo de Desenvolvemento Sostible: Industria, Innovación e Infraestrutura (Construír infraestruturas resilientes, promover a industrialización inclusiva e sostible, e fomentar a innovación), o obradoiro centrarase na industrialización a través dos materiais e os obxectos reproducidos nos cadros.

Bordar en familia

Bordar en familia Conmemoración do Día Internacional dos Museos 2024

O Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta a súa programación para celebrar o Día Internacional dos Museos. O tema deste ano, «Museos para a educación e a investigación», pretende subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomentan a aprendizaxe, o descubrimento e a comprensión cultural. 

Obradoiro Asorey

Obradoiro Asorey Conmemoración do Día Internacional dos Museos 2024

O Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta a súa programación para celebrar o Día Internacional dos Museos. O tema deste ano, «Museos para a educación e a investigación», pretende subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomentan a aprendizaxe, o descubrimento e a comprensión cultural. 

Obradoiro de teitado

Obradoiro de teitado Recuperación do traballo e saberes tradicionais

No 2023, o Museo do Castro de Viladonga organizou no Cebreiro un obradoiro de escolmado de palla de centeo para teitar, impartido por José María Núñez, da Asociación Santo Grial.

Grazas ao éxito da iniciativa, este ano organízase, en dúas quendas diferentes, a continuación natural de aqueles traballos, o obradoiro para teitar de xeito tradicional con palla.

Estas son as datas e os horarios:

1ª quenda: 18 e 19 / 25 e 26 de maio

2ª quenda: 8 e 9 / 15 e 16 de xuño

9.00h-13.00h / 14.30h-18.30h

Educación sen límites

Educación sen límites Actividade para conmemorar o Día Internacional dos Museos do 2024

Visita guiada temática: "Educación sen límites"

Visita guiada temática á exposición permanente do museo. O percorrido estará centrado en exemplos de iniciativas e innovacións que, ao longo da historia da educación en Galicia, permitiron ir transformando un modelo de escola tradicional cheo de exclusións noutro máis integrador.

Duración: 50 minutos

Con A de astrónomAs

Con A de astrónomAs Dentro do III Festival Artístico Solidario "Art for Change"

Obradoiro Con A de astrónomas, no que se aborda a aportación de diferentes mulleres astrónomas que foran esquecidas. Dende Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía.

Haberá un obradoiro didáctico ás 17:00 h para escolares entre 4 e 18 anos, e outro ás 18:00 h para escolares a partir de 8 anos.

Subscribirse a Inscrición previa