I Encontro de cestería no Camiño
I Encontro de cestería no Camiño Mostra do traballo de cestería con distintas técnicas e materiais
Organizado polo Museo do Castro de Viladonga, o Encontro lévase a cabo no Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro, e garante a riqueza de experiencias a compartir, pois contará coa participación de artesáns da cestería de moi diferentes procedencias, tanto internacionais, con Joe Hogan (Irlanda), Berit Ida (Alemaña) e Aida Bairos (Portugal), como nacionais, con Cande Alonso (Tenerife), Lola Altolaguirre (Pais Vasco), Carlos Fontales (Segovia) e por suposto, de varias localizacións galegas: Maruja Torres (Mazaricos), Mª Jesús Labrador (Lobeira), Lola Tourón (Carqueixeda)