Ir o contido principal

Entrada de balde

Domingos no Museo Massó

Domingos no Museo Massó Visitas guiadas polo Museo Massó

O Museo Massó ofrece visitas guiadas gratuítas á exposición permanente do museo.

As visitas terán lugar todos os domingos do mes de xullo entre as 12:30 e as 13:30.

Non é precisa inscripción previa.

Saíndo do cadro

Saíndo do cadro Obradoiros de verán no Museo de Belas Artes da Coruña. PLAN CORRESPONSABLES

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de poñer en marcha, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables financiado polo Ministerio de Igualdad do Goberno de España para favorecer a conciliación das familias con nenas, nenos, mozas e mozos de ata 12 anos de idade, desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes*

XORNADAS PARA A COMUNICACIÓN

XORNADAS PARA A COMUNICACIÓN Actividades de verán no Museo Liste Vigo

DA INTUICIÓN AO DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO E A INNOVACIÓN

Convivimos con avances científicos e tecnolóxicos que xorden, con frecuencia e en curtos espazos de tempo, como nunca ocorreran na historia da humanidade, que conviven e se aplican con outras

innovacións que xurdiron e se aplicaron grazas á intuición daqueles que querían obter unha funcionalidade para satisfacer unha necesidade; hoxe, poden ser susceptibles de estudo desde diferentes

enfoques como son o etnográfico, o científico e o tecnolóxico.

Marxes Fílmicas: Vietnam

Marxes Fílmicas: Vietnam Achegamento a outras realidades cinematográficas

En colaboración co Cineclube Padre Feijoo, con quen se iniciou en 2012 este ciclo, continúa no 2022, de novo grazas á súa selección, xestión e proxección dentro dunha realidade especial. A selección realizada, busca un achegamento a outras realidades cinematográficas. Este ano, miradas antropolóxicas e etnográficas do Vietnam.

As proxeccións serán no patio do museo ás 22:00 h., coa entrada libre ata completar o aforo.

Os filmes que se proxectarán son os seguintes:

- sábado 4 de xullo: Tres estacións. (Tony Bui, 1999. 100 min.). Gran premio do xurado no Sundance.

Esta ría é un choio

Esta ría é un choio Comezo dos obradoiros de verán no Museo Massó

Para nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Con esta actividade preténdese dar a coñecer distintos aspectos da vida na ría.

O contido céntrase na vida dos ecosistemas das Rías Baixas a través de especies representativas vinculadas coa colección do museo. Dase a coñecer a flora e fauna presente na ría, así como especies foráneas que non habitan nese ecosistema pero teñen un estreito vínculo con Massó.

Por outra banda, faise fincapé na concienciación do coidado medioambiental a través da reciclaxe.

Cousas da praia

Cousas da praia Comezo dos obradoiros de verán no Museo Massó

Para nenas e nenos de 4 a 6 anos.

Mediante o xogo e a música ensínase aos participantes cuestións sobre a area da praia e as plantas que viven nela, porqué sube e baixa a marea e outras sobre a acción humana. A praia como espazo de traballo no pasado e o problema actual do lixo no mar.

Massomakion

Massomakion Comezo dos obradoiros de verán no Museo Massó

Para nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Deseño con tangram.

O MassoMakion é unha versión do quebracabezas máis antigo que coñecemos, o Stomakion, que foi ideado no século III antes da nosa Era por Arquímedes de Siracusa.

No MassoMakion proponse un xogo a partir dos deseños das latas da empresa Massó e as formas xeométricas. Pódense construír ata catro deseños diferentes coas pezas do tagram.

Subscribirse a Entrada de balde