Ir o contido principal

Entrada de balde

ARQUITECURAS QUE FALAN DO SEU TEMPO

ARQUITECURAS QUE FALAN DO SEU TEMPO CICLO DE CONFERENCIAS

O Museo de Belas Artes organiza un ciclo de conferencias no marco da exposición "Arquitecturas que falan do seu tempo".

Salón de actos do Museo 19.00 h Entrada libre

  • Xoves 23 de xaneiro

"Modernidade na Academia: das primeiras arquitectas racionalistas ata hoxe"

Luz Paz Agras | Doutora arquitecta e profesora na ETSA-UDC

  • Venres 24 de xaneiro

"Mestres na arte de construír: a fortuna dun legado"

Jesús Ángel Sánchez García | Doutor e Catedrático en Historia da Arte pola USC

 

Programa de actividades do primeiro trimestre

Programa de actividades do primeiro trimestre

O Museo Etnográfico Liste de Vigo presenta a súa nova programación de actividades para o primeiro trimestre de 2025, de xaneiro a marzo. O programa inclúe información sobre:

Exposicións:

  • QUERIDOS OBXECTOS: NOSTALXIA E SEDUCIÓN

Lugar: Sala de Exposicións Temporais.

Datas: ata o 31 de decembro.

  • MÁSCARAS RITUAIS IV

Lugar: Sala de A madeira es-cavada.

Datas: do 18 de febreiro ao 8 de marzo.

MEMORIA DEMOCRÁTICA, FEMINISTA, LABORAL. Xornadas

MEMORIA DEMOCRÁTICA, FEMINISTA, LABORAL. Xornadas Mediante encontros semanais ao longo dos meses de marzo e abril, pretendemos reflexionar sobre os eixes temáticos da mostra desde unha perspectiva feminista.

O programa comeza coa noción da posmemoria e a súa capacidade para, desde a produción cultural, imbricar as historias traumáticas familiares coa historia de todo un país. Pensamos que é este un concepto útil para o noso contexto, onde as memorias arredor do golpe militar de 1936 adoitan permanecer vívidas a través das xeracións, en tanto que a memoria oficial teima en soterralas, como se o noso presente non estivese atravesado por un doloroso pasado.

Peza do mes: Equipamento pesqueiro fluvial antigo

Peza do mes: Equipamento pesqueiro fluvial antigo Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento dos fondos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

A presentación pública terá lugar o 8 de xaneiro ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, dos arqueolóxicos) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A peza protagonista deste mes: Equipamento pesqueiro fluvial antigo.

Día Internacional da Música

Día Internacional da Música Concerto para conmemorar a celebración internacional do Día da Música

Festexando o Día Internacional da Música, a cantora galega Rosa Leiro e o pianista arxentino-galego Juan Carlos Cambas presentan no Museo Etnolóxico o seu último disco: “Camiño aberto: Canto libre de Galicia & Latinoamérica”, un espectáculo íntimo baseado na voz e o piano, cun repertorio que inclúe grandes autores e compositores galegos e latinoamericanos, e obras inéditas que ven a luz por primeira vez neste proxecto, con temáticas profundas e reflexivas que transportan a diferentes lugares e momentos.

A entrada é de balde ata completar capacidade.

Actividades de inverno

Actividades de inverno

O museo de Pontevedra presenta esta semana a programación de inverno, para os meses de decembro, xaneiro e febreiro. Haberá obradoiros para público infantil e familiar e para persoas adultas, espectáculos, concertos, proxeccións, conferencias... Nas datas de nadal o museo ofrece actividades pensadas para toda a familia, e o 7 de xaneiro arrancan os actos do Ano Castelao, coincidindo co 75 cabodano do intelectual galeguista.

Subscribirse a Entrada de balde