O Nautilus de Lugrís
O Nautilus de Lugrís Obradoiros de verán no Museo Massó
Obradoiro de verán para participantes a partir de 6 anos de idade.
Esta actividade xira ao redor da figura do pintor Urbano Lugrís e a súa vinculación co Museo e a familia Massó.
Proponse un xogo no que se trata de buscar en reproducións de cadros do pintor as pezas da colección do museo nas que se inspirou o artista para formar a súa particular iconografía.