A visita
Como chegar
Liñas de autobús urbano con parada no Museo do Mar: 15A, 15B e 15C e C10
Aparcamento exterior público
Accesibilidade
Todo o interior do Museo está adaptado para persoas con mobilidade reducida.
- Aparcadoiro para persoas de mobilidade reducida
- Ramplas
- Ascensores
- Aseos adaptados
- Admisión de cans guía
Visitas guiadas
O museo dispón de visitas guiadas e actividades didácticas para todos os públicos (escolares, familias, grupos con necesidades especiais, grupos de asociacións e outros grupos interesados).
Todas as actividades requiren reserva previa, que se pode facer por teléfono ou no correo electrónico info.museodomar@xunta.gal.
As condicións de reserva varían en función da actividade e do día solicitado.
Normas de acceso
Está permitido fotografar e filmar para uso particular, pero sen empregar o flash. Non está permitido comer nin beber no interior do museo e non se admiten animais, excepto cans guía.
Os investigadores deberán cubrir unha solicitude previa dispoñible no portal web do museo.

Avda. Atlántica, 160
36208, Vigo
Tlf. 986 247 750
Fax 986 247 748
museodomar@xunta.gal
Horario
Martes a venres de 10 a 14 h e de 16 a 19 h.
Sábados, domingos e festivos de 11 a 14 h e de 17 a 20 h.
Verán (21 de xuño a 15 de setembro):
Martes a domingo e festivos de 11 a 14 h e de 16:30 a 20:30 h.
Luns pechado