Servizos
Tenda
Pódense mercar dende libros e catálogos ata obxectos de papelería, artesanía de Galicia e fósiles mariños.
Auditorio
Cun aforamento máximo de 100 persoas, está dispoñible para a realización de charlas, conferencias, congresos, concertos... Está equipado con canón de vídeo, pantalla, sistema de audio e conexión a internet.
Biblioteca
De acceso restrinxido, require solicitude previa. Especializada en temática mariña dende diversos aspectos, etnográficos, literarios, artes plásticas, arqueoloxía etc.
Reproducións fotográficas
A obtención de imaxes de fondos do museo está dispoñible para fins académicos, de investigación, difusión e publicacións, baixo expresa autorización da Dirección do Museo, mediante un formulario que se facilita no centro.
Outros servizos
- Gardarroupa
- Conexión wifi na recepción
- Folletos informativos en galego, castelán, inglés e francés
- Audioguías en galego, castelán, inglés e francés
- Guía do Museo do Mar de Galicia, libro editado en galego á venda na tenda do museo
- Taberna “Room Musseum”
- Espazos para a organización de eventos (concertos, charlas, conferencias etc)
- Aseos con cambiadores para bebés