Ir o contido principal

Actividade escolar

Obradoiros e visitas guiadas

Obradoiros e visitas guiadas Programación gratuíta para centros escolares

Co comezo do novo curso escolar, o Museo Massó ofrece un amplo programa gratuíto de obradoiros didácticos e visitas escolares, deseñado sobre unha gran variedade de temas e para niveis de ensino dende a educación infantil ata o bacharelato.

Pódense consultar a oferta de obradoiros e o xeito de facer a reserva, nesta ligazón da páxina web do museo

Visitas escolares

Visitas escolares Curso 2025-2026

O obxectivo principal da área de educación do Museo é motivar o coñecemento e desfrute da arte coma unha experiencia, en busca do cumprimento dos fins educativos, de estudo e de recreo que o museo pon ao servizo da sociedade. Por iso, axústanse a linguaxe e os contidos da visita a través de múltiples ferramentas, talleres e propostas educativas.

Con A de astrónomas

Con A de astrónomas Conmemoración do día da muller 8 de marzo

Co motivo da celebración do Dia Internacional da Muller o próximo 8 de marzo, o Museo Massó oferta como novidade na súa programación para centros de ensino o obradoiro Con A de astrónomas, no que se aborda a aportación de diferentes mulleres astrónomas que foran esquecidas. Dende Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía.

Este Obradoiro didáctico está dirixido a escolares entre 4 e 12 anos.

MUPEDUCA

MUPEDUCA Plan de colaboración entre os centros educativos e o museo

Mupeduca é un plan de colaboración entre os centros educativos e o museo para traballar xuntos na creación de proxectos, actividades e experiencias partindo do amplo patrimonio educativo que alberga o Mupega. Fixestes un proxecto de investigación sobre calquera tema relacionado co noso museo e precisades de colaboración, información, difusión...? Plantexádenos a vosa idea, e colaboraremos para levala a cabo.

MUPEDUCA

Imaxina o teu museo

Imaxina o teu museo Proposta para os centros escolares co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos

Este ano, a celebración anual do Día Internacional dos Museos ten por lema “O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar”.

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos 2021, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense súmase á celebración ao través de varias propostas. Entre elas quere convidar aos centros escolares da provincia a participar no proxecto “Imaxina o teu Museo”, co fin de establecer a vinculación entre os centros e a futura sede.

Visitas en liña á exposición ‘VESTIR ÉPOCAS 1860-1960’

Visitas en liña á exposición ‘VESTIR ÉPOCAS 1860-1960’ Adaptación das visitas escolares de xeito virtual

Dentro da necesidade de adaptación aos novos usos obrigados polas cautelas sanitarias, o Museo de Belas Artes da Coruña ofrece visitas en liña dirixidas ao alumnado de 4º ESO e Bacharelato para achegarlles a historia da moda a través da exposición “Vestir épocas 1860-1960”. A oitava arte entra no Museo para mostrar as modas e os modos de vestir da sociedade a través da colección Ana González-Moro.

Subscribirse a Actividade escolar