Ir o contido principal

O Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta o libro e cd cos contidos da exposición "Chacona, a canción de Santiago"

Acto de presentación

O pasado xoves presentouse ao público o libro-cd que resume de forma maxistral os contidos da exposición "Chacona, a canción de Santiago".

O grupo Resonet, baixo a dirección de Fernando Reyes, presenta unha coidadosa selección de obras que forman o repertorio musical do cd. O libro que as acompaña, traducido a cinco idiomas, fai un percorrido pola historia da chacona, coa súa orixe en Compostela e difusión polo Camiño de Santiago, que funciona como vehículo e recurso de comunicación sen igual chegando aos lugares e espazos máis variados da sociedade.

Compostela e Galicia foron durante séculos fonte de irradiación de cultura e de correntes artísticas e musicais altamente orixinais, vangardistas e influentes. A exposición "Chacona, a canción de Santiago" permanecerá aberta ao público ata o 30 de outubro.