Ir o contido principal

O Museo das Peregrinacións e de Santiago propón un concurso polo Día do Libro

O Día do Libro é unha conmemoración celebrada a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura e render a homenaxe universal aos libros e autores/as cada 23 de abril. Este ano, as circunstancias fan que os nosos museos fagan propostas a través das redes sociais para que o 23 de abril siga sendo o Día do Libro.

O Museo das Peregrinacións propón un concurso. A través dunha fotografía do Camiño, seleccionada polo Museo, e deixándose levar pola imaxinación, trátase de escribir sobre o que suxire: unha frase, unha poesía, un relato... sorprendédenos! Non hai límite de idade, pero si de palabras, non máis de 100!

Entre as achegas que enviedes, o equipo do Museo seleccionará os tres mellores, que se levarán un lote de catálogos das publicacións do Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Para participar, entrade na conta do Museo en Facebook.