Ir o contido principal

Colección de Anestesioloxía e Reanimación

Colección de Anestesioloxía e Reanimación

O museo

A Colección de Anestesioloxía e Reanimación encóntrase exposta na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Trátase dunha pequena colección monográfica que mostra o antigo instrumental médico anestésico, cirúrxico e de reanimación de Galicia, de especial relevancia por ser a Escola Compostelá de Medicina pioneira na administración de anestésicos en España.

A colección complétase con outros aparellos doados por médicos galegos relacionados con outras especialidades médicas, fármacos, material cinematográfico e fotografías de figuras destacadas da medicina en Galicia.

http://

Rúa de San Francisco, s/n
15704, Santiago de Compostela

Tlf. 881812219

Horario

Luns a venres de 9 a 14 h. e de 16 a 20 h.


Tarifas

Entrada gratuíta