Ir o contido principal

Do 20 de abril ao 22 de xuño do 2021 - 11:30h CURSO OS TEMAS DA ARTE PAISAXE E IDENTIDADE NA COLECCIÓN DO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA

O Museo de Belas Artes da Coruña atesoura na súa colección obras de artistas recoñecidos que elaboraron ou elaboran as súas expresións figurativas en torno á paisaxe e ao seu tratamento como tema principal, integrando descricións xeográficas e humanas realistas ou imaxinadas, e achegando a figuración a unha lectura de proximidade e de sensibilidade. Nas súas épocas e estilos, achégannos aos nosos territorios de pertenza e asómannos a outros descoñecidos que nos abren as portas a numerosas viaxes afectivas e intelectuais. O curso desenvolverase durante dez clases que alternarán as artes desde o Barroco ata a modernidade do finais do século XIX, e co século XX e primeiros anos do XXI, enlazando continuidades e rupturas para recoñecernos no noso agora e na nosa identidade.

Lugar: Salón de actos do museo

Datas: Martes, do 20 de abril ao 22 de xuño de 2021

Horario: de 11.30 a 12.30 h

Matrícula: 15,00 € (amigos museo 10,00 €)

Profesor: Alberto Cartón

Prazas limitadas *

Inscrición: mu.belas.artes.difusion@xunta.es / Tel: 881 881 700 (de luns a venres de 9 a 14 horas)

*En virtude do disposto na lexislación vixente sobre medidas de prevención ante á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, limitarase o aforo do salón de actos do Museo, con localidade preasignada e o uso da mascarilla durante a celebración do curso.