Ir o contido principal

Entrada de balde

Visita guiada á exposición permanente

Visita guiada á exposición permanente Visitas guiadas os domingos do mes de maio

Actividade gratuíta para a que non se necesita inscrición previa. Entre as 12.30 e 13.30 horas haberá un monitor dispoñible no museo para a realización das visitas guiadas. As visitas céntranse na exposición permanente que ofrece un percorrido pola conquista do mar e a explotación dos seus recursos.

Peza do mes: Fíbula de Casaio (Carballeda de Valdeorras)

Peza do mes: Fíbula de Casaio (Carballeda de Valdeorras) Interesante reflexión sobre o problema do espolio a través da publicación virtual mensual de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, arqueolóxicos) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

Neste caso ademais, pola historia da peza, faise unha interesante e sempre necesaria reflexión fronte ao inmenso problema que supón a espoliación.

Visita guiada á exposición permanente

Visita guiada á exposición permanente Visitas guiadas os domingos do mes de maio

Actividade gratuíta para a que non se necesita inscrición previa. Entre as 12.30 e 13.30 horas haberá un monitor dispoñible no museo para a realización das visitas guiadas. As visitas céntranse na exposición permanente que ofrece un percorrido pola conquista do mar e a explotación dos seus recursos.

Visita guiada á exposición permanente

Visita guiada á exposición permanente Visitas guiadas os domingos do mes de maio

Actividade gratuíta para a que non se necesita inscrición previa. Entre as 12.30 e 13.30 horas haberá un monitor dispoñible no museo para a realización das visitas guiadas. As visitas céntranse na exposición permanente que ofrece un percorrido pola conquista do mar e a explotación dos seus recursos.

O Foro fundacional de Baiona

O Foro fundacional de Baiona Presentación da peza do mes de maio

O 7 deste mes de maio, Baiona conmemora a súa fundación mediante concesión dun foro por parte do rei Afonso IX en 1201. Mesmo que o documento orixinal está perdido, coñécese por copias realizadas, sendo a realizada a mediados do século XIX por F. Ávila y la Cueva un traballo cotexado co orixinal, que actualmente se atopa na biblioteca da Academia da Historia.

Emilia Pardo Bazán

Emilia Pardo Bazán Presentación da banda deseñada e da exposición dos debuxos orixinais

A banda deseñada Emilia Pardo Bazán viu a luz na colección Biografías en viñetas froito da colaboración de Alicia Palmer, guionista doutros títulos de banda deseñada cunha clara perspectiva de xénero como Hombres feministas ou Una mujer, un voto, e Weronika Hańczyc, quen asumiu o reto de ilustrar a vida de Pardo Bazán tras colaborar nos libros Intraterra e Infiniteca.

Lecturas no tempo

Lecturas no tempo Obradoiro infantil

Obradoiro co que nos achegaremos a un invento que sen dúbida revolucionou a historia dos libros: a imprenta. Aprenderemos sobre ela a través dalgunhas pezas do museo e experimentaremos fabricando os nosos propios tipos.

Data: Venres 22 de abril de 2022

Hora: 17:30 a 18:30

Idade: 6 a 11 anos

Agasallo de libros

Agasallo de libros Celebración do día do libro

Para celebrar este día as persoas que se acheguen a visitar o Museo Pedagóxico de Galicia durante a xornada do 23 de abril poderán levar como agasallo un libro. A entrada ao museo, coma sempre, será gratuíta.

Data: sábado 23 de abril

Hora: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 19:30 (ata esgotar existencias)

Subscribirse a Entrada de balde