Emilia Pardo Bazán
Emilia Pardo Bazán Presentación da banda deseñada e da exposición dos debuxos orixinais
A banda deseñada Emilia Pardo Bazán viu a luz na colección Biografías en viñetas froito da colaboración de Alicia Palmer, guionista doutros títulos de banda deseñada cunha clara perspectiva de xénero como Hombres feministas ou Una mujer, un voto, e Weronika Hańczyc, quen asumiu o reto de ilustrar a vida de Pardo Bazán tras colaborar nos libros Intraterra e Infiniteca.