Sereas: as mulleres do mar
Sereas: as mulleres do mar VIII Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro. Investigando en feminino
FUNPROMAR (Museo ANFACO de la industria conserveira), xunto coa fundación FUNDAMAR convocan ás “VIII Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro. Investigando en feminino”, que terán lugar o luns 24 de outubro ás 17:00h na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, no marco de actuación da marca SEREAS, e que conta co apoio do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra.