Ir o contido principal

24 de outubro - 17:00h Sereas: as mulleres do mar VIII Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro. Investigando en feminino

FUNPROMAR (Museo ANFACO de la industria conserveira), xunto coa fundación FUNDAMAR convocan ás “VIII Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro. Investigando en feminino”, que terán lugar o luns 24 de outubro ás 17:00h na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, no marco de actuación da marca SEREAS, e que conta co apoio do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra.

O obxectivo da xornada será presentar os resultados da investigación da primeira “ESTADÍA SEREAS”, sobre a familia Llauger, e dúas novas fichas de protagonistas do sector: “Marujita la del hielo. Toda unha vida no Berbés” e “María Coira. Vocación pola conserva”

Para a asistencia presencial ou virtual será obrigatorio o rexistro previo a través do seguinte FORMULARIO antes do día 21 de outubro.

17:00h Benvida

D. Abel Caballero, alcalde de Vigo

Dª. Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra

D. Javier Touza, presidente de FUNDAMAR

D. Roberto Alonso, secretario xeral de ANFACO-CECOPESCA

17:15h ESTADÍA SEREAS

Dª. María Caldeiro, xerente de FUNDAMAR

Dª. Mariña López, Museo ANFACO de la Industria Conservera

Dª Sabela Valcárcel, investigadora da Estadía Sereas 2022

Proxección vídeo

“Llauger en feminino”

18:00h SEREAS PROTAGONISTAS 2022

Dª. Mariña López, Museo ANFACO de la Industria Conservera

Proxección vídeo

“María Coira. Vocación pola conserva”

Dª. María Caldeiro, xerente de FUNDAMAR

Proxección vídeo

“Marujita la del hielo. Toda unha vida no Berbés”

18:30h Clausura

Dª. Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra