Ir o contido principal

Entrada de balde

Curiosidades do descoñecido Djibouti

Curiosidades do descoñecido Djibouti Actividades de Nadal no Museo Etnolóxico de Ribadavia

Djibuti é un enclave estratéxico, no que conviven militares de varias potencias e unha poboación da que non se adoita contar nada. David Pena Rodríguez é un xove enxeñeiro que está a traballar neste territorio dende fai uns anos.

Actividade presencial e online.

Xoguetes en familia

Xoguetes en familia Actividades de Nadal no Museo do Castro de Viladonga

E SE FACEMOS XOGUETES EN FAMILIA?

Sábado, 17 de decembro ás 12.00h

Guiado por José Manuel García Fernández.

Dirixido a nenos e nenas entre 6 e 12 anos acompañados de 1 ou 2 adultos.

Inscricións no tlf: 982870160

Peza do mes: Morteiro de Saturninus. Papón. Ourense

Peza do mes: Morteiro de Saturninus. Papón. Ourense Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

Prensa de viño tostado

Prensa de viño tostado Celebración do Día Internacional do Patrimonio Mundial

O 16 de novembro celébrase o Día Internacional do Patrimonio Mundial, para protexer e preservar todos os sitios naturais e culturais do mundo.

Con este motivo o Museo do Viño de Galicia amósanos unha peza conservada no museo pertencente á nosa cultura tradicional. Trátase dunha prensa de viño tostado, caractrística da zona do Ribeiro. Para falarnos deste curioso obxecto o persoal do museo elaborou un vídeo que podedes ver aquí:

Carabela A Pinta

Carabela A Pinta Experiencia de realidade inmersiva

A Casa da Navegación de Baiona ven de poñer en marcha unha actividade para favorecer o acceso á réplica da Carabela A Pinta das persoas con limitación de movemento, consistente nunha experiencia de realidade inmersiva cunha duración máxima de 15 minutos. É posible seleccionar o idioma (galego, castelán , inglés).

No horario habitual, de martes a sábado, entre 10:00 - 13:00 horas e 16:00 - 19:00 horas.

Recoméndase reservar visita no número 986 356 688.

Mazadeira do leite/ Mazadoira

Mazadeira do leite/ Mazadoira Celebración do Día Internacional do Patrimonio Mundial

O 16 de novembro celébrase o Día Internacional do Patrimonio Mundial, para protexer e preservar todos os sitios naturais e culturais do mundo.

Con este motivo o Museo etnolóxico de Ribadavia amósanos unha peza conservada no museo pertencente á nosa cultura tradicional. Trátase dunha mazadeira do leite, que se empregaba antigamente nos fogares para elaborar a manteiga. Para falarnos deste curioso obxecto o persoal do museo elaborou un vídeo que podedes ver aquí:

ACCIÓN MANTRA DA PAZ. CARTOGRAFÍAS TEXTÍS

ACCIÓN MANTRA DA PAZ. CARTOGRAFÍAS TEXTÍS Proxecto Internacional «Cartografías Textís»

Este xoves temos unha accción colaborativa no Museo das Peregrinacións e de Santiago: “Mantra da paz”.  Organizada pola Asociación de Profesores de Expresión e Comunicación Visual (APECV, Portugal), e conta ca colaboración do Grupo Liter21 (USC) e o colectivo C3 que promove accións artísticas.



A actividade consta de dúas fases:

Dámoslle volta ao conto

Dámoslle volta ao conto Día Internacional da Eliminación da Violencia Contras as Mulleres

"Dámoslle volta ao conto"

Espectáculo de narración oral dirixido e interpretado por Raquel Queizás

Sábado 26 de novembro de 2022 ás 17:30

Público familiar a partir de 3 anos

Espectáculo de contos tradicionais de diferentes culturas e historias de vida, con obxectos e monicreques.

Subscribirse a Entrada de balde