Ir o contido principal

17 de novembro - 10:00h ACCIÓN MANTRA DA PAZ. CARTOGRAFÍAS TEXTÍS Proxecto Internacional «Cartografías Textís»

Este xoves temos unha accción colaborativa no Museo das Peregrinacións e de Santiago: “Mantra da paz”.  Organizada pola Asociación de Profesores de Expresión e Comunicación Visual (APECV, Portugal), e conta ca colaboración do Grupo Liter21 (USC) e o colectivo C3 que promove accións artísticas.



A actividade consta de dúas fases:

-Exhibición na fachada do museo do gran Mantra que iniciou o seu percorrido na Sé Catedral de Viseu coas achegas de máis de vinte institucións sociais desta rexión portuguesa. Desde aí percorreu xa varios países ata chegar agora a Santiago de Compostela.

-Acción artística colaborativa: aberta á participación de colectivos e persoas individuais que queiran sumarse a esta petición global bordando a palabra paz en cadrados de tecido de 10x10cm, na lingua materna.



Xoves 17 de novembro entre as 10.00 e as 12.00 h. Soportais do Museo das Peregrinacións e de Santiago.



Información en https://museoperegrinacions.xunta.gal/es/actividades/accion-mantra-de-la-paz-cartografias-textiles