Ir o contido principal

26 de novembro - 17:30h Dámoslle volta ao conto Día Internacional da Eliminación da Violencia Contras as Mulleres

"Dámoslle volta ao conto"

Espectáculo de narración oral dirixido e interpretado por Raquel Queizás

Sábado 26 de novembro de 2022 ás 17:30

Público familiar a partir de 3 anos

Espectáculo de contos tradicionais de diferentes culturas e historias de vida, con obxectos e monicreques.

“A miña avoa, con 14 aniños xa gañaba para manter á familia, non foi á escola, pero o que ela sabía…Os cálculos todos de cabeza. Ao chegar a noitiña montaba na burra para atravesar a raia seca e voltar cargadiña de café, aceite, sabas,… de Portugal. O estraperlo. Outra muller valente e revolucionaria como tantas. Ela contoume contos que eu descoñecía, de mulleres donas do seu destino e de homes que se liberan da máscara da masculinidade e permítense mostrar a súa sensibilidade.”

Entrada gratuíta con reserva previa: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obradoiros