Ir o contido principal

Entrada de balde

Atrapados no museo

Atrapados no museo Actividades de Nadal no Museo Pedagóxico de Galicia - MUPEGA

Escape room familiar (Grupos de adultos + nenos/as a partir de 8 anos)

Un fallo no sistema de seguridade fai saltar a alarma e bloquea tódalas portas de saída. Estades atrapados no museo! Deberedes descubrir pistas e resolver varios enigmas nas salas do museo para poder escapar. Seredes quen de saír?

Datas: 23, 29 e 30 de decembro

Horas: 16:00 e 17:30

Actividade de balde. Imprescindible reserva previa:

Presentación da nova guía do Museo de Belas Artes da Coruña

Presentación da nova guía do Museo de Belas Artes da Coruña

O Museo de Belas Artes da Coruña publica a súa guía, respondendo á súa vocación cultural e de servizo público, co obxectivo de dar a coñecer ao público a colección que atesora.

Tras un importante e rigoroso traballo, dirixido pola Dirección e desenvolvido polo Equipo Técnico do Museo, a guía recolle e pon en valor un gran número de pezas, documentadas e explicadas, que fan da mesma unha ferramenta fundamental para comprender non só o significado de cada unha delas, senón tamén a súa historia. 

O VIÑO GALEGO NOS GRANDES CONCURSOS INTERNACIONAIS, O XOVES 15 NO MUSEO DO VIÑO DE GALICIA

O VIÑO GALEGO NOS GRANDES CONCURSOS INTERNACIONAIS, O XOVES 15 NO MUSEO DO VIÑO DE GALICIA In vino veritas

O xornalista Paco Gil pechará o ciclo "In vino veritas" do Museo do Viño de Galicia o próximo xoves 15 de decembro ás 18 horas analizando o estado do sector coa súa conferencia "O viños galego nos grandes concursos internacionais". Unha visión panorámica da "década prodixiosa" que viven as adegas galegas desde que a crise de 2008 impulsara a súa presenza nos certames de maior prestixio.

Ademais, a continuación, representantes do IES Ribeiro e IES Vilamarín ofrecerán unha sesión de cata e maridaxes de aceites e viños.

Camiñando pola lenda

Camiñando pola lenda Obradoiros museo en familia

O sábado, 17 de decembro, temos dobre cita con Museo en familia. A estrela da xornada será a lenda da Translatio.

Comezamos pola mañá con Camiñando pola lenda: pequeno obradoiro interactivo, para os máis cativos e cativas da casa, no que profundaremos nesta narración que conta a chegada do Apóstolo ás terras de Santiago.

reservas.mdperegrinacions@xunta.gal

Teléfono: 881 867 401

Sábado, 17 de decembro, de 11:30 ás 13:00

Subscribirse a Entrada de balde