Ir o contido principal

27 de xaneiro - 17:30h As aves da Paz Obradoiro infantil

Obradoiro infantil o venres 27 de xaneiro de 17:30 a 18:30

Nenos e nenas entre 6 e 11 anos.

Actividade gratuíta. Imprescindible reserva previa na web do museo: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obradoiros

Obradoiro no que nenos e nenas poderán achegarse á historia que se agocha detrás dalgúns dos símbolos mais representativos da paz así como aprender a realizar algúns deles con técnicas de papiroflexia.

Mitoloxía clásica, relatos míticos e historias sobre distintas iniciativas pola paz estarán presentes nesta actividade coa que o Museo Pedagóxico de Galicia celebra o Día da Non Violencia e da Paz.