Ir o contido principal

Entrada de balde

Historia dunha salgadura que vai e ven

Historia dunha salgadura que vai e ven Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Itinerario monográfico guiado dirixido a todo tipo de público.

12:00  h.

logo dunha breve introdución sobre a industria da salga, as persoas asistentes poderán ver unha proxección multimedia teatralizada e en 3D sobre a historia do espazo da  salgadura Piñeiro e o traballo nas fabricas de salgadura.

Entregarase un dispositivo para que poidan realizar unha visualización inmersiva dende o móbil.

Exposición de maquetas

Exposición de maquetas

A exposición está formada por maquetas de barcos, vehículos militares, vehículos civís e un diorama distópico. Tamén se pode ver a maqueta dun navio español, a Santísima Trinidad que está aínda en proceso de construcción. Hai algunha figura máis nese estado, xa que, as persoas que realizan estas maquetas queren amosar as distintas partes do proceso de elaboración destas sensacionais maquetas. Case 70 maquetas.

Unha exposición para todos os públicos.

Paco: o neno de Lourenzá

Paco: o neno de Lourenzá Celebración do día das letras galegas - 17 de maio

Exposición sobre a infancia e mocidade de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023, baseada nas súas propias palabras recollidas nas obras “O río do tempo” (1991), “Camiño andado” (2003) e “Lourenzá” (2004).

Exposición temporal: “Paco: o neno de Lourenzá”

Do martes 16 ao mércores 31 de maio en horario de apertura do museo

Entrada libre e de balde

Ruta urbana e obradoiro de plantas silvestres

Ruta urbana e obradoiro de plantas silvestres Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Esta actividade divídese en dúas partes: primeiro faise unha ruta en grupo -nas inmediacións da Catedral- no que iremos á procura de plantas silvestres que son comestibles ou mesmo medicinais, empregadas polos nosos antepasados dende tempos pretéritos. Nunha segunda parte, xa no Museo, os participantes asistirán a un obradoiro demostrativo de elaboración dun ungüento medicinal para tratar as bochas, especialmente para camiñantes e peregrinos. E de remate, aquelas persoas que queiran, poderán probar un pan elaborado con landras do país.

Redes de maio

Redes de maio Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Obradoiro didáctico para o aprendizaxe do uso de distintas artes de pesca tradicionais vinculadas co caderno de apuntes realizado pro Maruja Mallo en 1936 en Bueu  e a alfombra que se expón no museo e que reproduce una das obras realizada a partir dos apuntes de Bueu.

As persoas asistentes ao final da actividade poderán compoñer un cadro vivo,  facerse un autorretrato con natureza morta cos distintos compoñentes destas artes inspirándose nas obras de Maruja Mallo.

Dirixido a un publico a partir de 6 anos.

Espectáculo “Brincadeiras da lingua” (Migallas Teatro)

Espectáculo “Brincadeiras da lingua” (Migallas Teatro) Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Espectáculo que ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques...

Sábado 20 de maio ás 17:30

Público familiar (recomendado a partir de 4 anos)

Actividade de balde. Reserva previa

Reserva previa: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obradoiros

Concerto de música coral: Coro da Rá

Concerto de música coral: Coro da Rá Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Coñecidos son os beneficios que pode ter a música, mais cando un conxunto coral canta en harmonía prodúcese unha especie de empatía que convida a querer sumarse con el. Desde os soportais do Museo, o Coro da Rá ofreceralle á cidadanía un concerto no que tamén incluirán referencias musicais á sostibilidade da natureza.

19:00 / Soportais do Museo

Todos os públicos

Educar para o equilibrio

Educar para o equilibrio Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Percorrido autónomo á colección do museo baixo a mirada da sostibilidade. A través de diferentes pezas poderán coñecerse as orixes da educación ambiental no noso país así como redescubrir parte dos fondos do museo baixo a actual perspectiva de crise ambiental.

Do martes 16 ao sábado 20 de maio en horario de apertura do museo

Entrada libre e de balde

Obradoiro de construción de zoadeiras

Obradoiro de construción de zoadeiras Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

A acción humana sobre a natureza está favorecendo a desaparición de polinizadores como as abellas e abellóns. Imos evocar estes imprescindibles insectos construíndo uns aparellos, as zoadeiras ou bramadeiras, que recrean o seu zoar, e aprenderemos detalles sorprendentes sobre a utilización deste instrumento. Como curiosidade, dicir que se atoparon restos arqueolóxicos deste instrumento con miles de anos de antigüidade.

Subscribirse a Entrada de balde