Ir o contido principal

Entrada de balde

NOMES DO RIBEIRO

NOMES DO RIBEIRO Presentación do libro

Presentación do libro: NOMES DO RIBEIRO

Intervirán:

  • Rita Albaldes Iglesias. Profesora de galego do IES O Ribeiro
  • Xosé Carballido Presas. Enxeñeiro da Consellería do Medio Rural
  • Secundino Lorenzo Fernández. Profesor do Instituto de Ribadavia entre 1968-1977
  • Frutos Fernández Gonzalez. Autor

Acompañamento musical por Frank Díaz Gómez

MARXES FÍLMICAS 2023. Ucrania

MARXES FÍLMICAS 2023. Ucrania Ciclo de cine

Proxeccións fílmicas. Entrada libre e de balde ata completar capacidade.

En colaboración co Cineclube Padre Feijoo

- 19 de xuño, luns, 22:00 horas

Terykony

Boney Piles

Taras Tomenko (Ucraína, 2022) 80 minutos. VOSE

- 21 de xuño, mércores, 22:00 horas

Evge (Homeward)

Cara a Crimea

Nariman Aliev (Ucraína, 2019) 96 minutos. VOSE

- 26 de xuño, luns, 22:00 horas

My thoughts are silent

Antonio Lukich (Ucraína, 2019) 104 minutos. VOSE

- 28 de xuño, mércores, 22:00 horas

Roses. Film cabaret

Peza do mes: DEBUXOS DE XESÚS CORREDOIRA

Peza do mes: DEBUXOS DE XESÚS CORREDOIRA Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A presentación terá lugar o mércores 14 de xuño ás 20.00 h na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Belén Lorenzo Rumbao, técnica do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

A BOTICA DO CEBREIRO 2023

A BOTICA DO CEBREIRO 2023 Actividades de primavera no Museo do Castro de Viladonga

A actividade consistirá nun roteiro de identificación de plantas na contorna do Conxunto Etnográfico do Cebreiro, pautas para extraer as propiedades das plantas e a elaboración dun ungüento.
O obradoiro estará dirixido por Lola Tourón.

Día: sábado 10 de xuño
Hora: de 10.00 a 14.00 h
Prazas: 15
Inscrición: Chamando ao teléfono 982 870 160. Por rigorosa orde de chamada. En caso de exceso de matrícula terán preferencia aquelas persoas que non o fixeran en edicións anteriores.

CATA DAS IXP GALEGAS

CATA DAS IXP GALEGAS CICLO IN VINO VERITAS (ET SANTIAS)

Cata das Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia, guiada polo presidente da Asociación Galega de Sumilleres Juanjo Figueroa

Entrada libre e de balde ata completar Capacidade

Unha noite no muíño

Unha noite no muíño Actividades de primavera no MUPEGA

Espectáculo para público familiar

Dirección e interpretación: Caxoto (A trastenda dos contos)

Se unha tradición temos clara na nosa cultura é que non se remata ningún gran traballo sen celebralo por todo o alto. As vendimas, os fiandóns, a colleita, a malla, ir ao muíño moer... eran todos traballos que conxugaban ao remate da xornada baile, música e festa rachada.

XXII CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA

XXII CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

Sede: Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña Horario: 12.00 h Acceso gratuíto ata completar aforo. Ciclo de concertos dedicados ás cidades nas que residiu e traballou Picasso, e nos que se interpretarán obras de compositores contemporáneos do pintor.

4 de xuño PARÍS 12.00 h

Retransmisión en directo: https://youtube.com/live/61amPpxO5Oc

Cuarteto de Cordas Schubert

Fumika Yamamura violín

Ángel Marote violín

Gabriel Bussi viola

Elena Escalza violonchelo

Concerto de guitarra barroca de Tiago Matías

Concerto de guitarra barroca de Tiago Matías Actividades de primavera no Museo das Peregrinacións e de Santiago

O músico portugués ofreceranos o vindeiro 6 de xuño ás 20:00 h, no auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago, unha selección de pezas para guitarra barroca sacadas do Codex Coimbra en diálogo con outras contemporáneas ao devandito manuscrito.

Máis información e programa na nosa páxina web.

Entrada libre ata completar capacidade.

A BOTICA DO CASTRO DE VILADONGA 2023

A BOTICA DO CASTRO DE VILADONGA 2023 Actividades de primavera no Museo do Castro de Viladonga

A actividade consistirá nun roteiro de identificación de plantas na contorna do museo e castro de Viladonga, pautas para extraer as propiedades das plantas e a elaboración dun ungüento.

O obradoiro estará dirixido por Lola Tourón.

Día: sábado 3 de xuño

Hora: de 10.00 a 14.00 h

Prazas: 15

Inscrición: Chamando ao teléfono 982 870 160. Por rigorosa orde de chamada. En caso de exceso de matrícula terán preferencia aquelas persoas que non o fixeran en edicións anteriores.

Subscribirse a Entrada de balde