Ir o contido principal

Entrada de balde

Educación sen límites

Educación sen límites Actividade para conmemorar o Día Internacional dos Museos do 2024

Visita guiada temática: "Educación sen límites"

Visita guiada temática á exposición permanente do museo. O percorrido estará centrado en exemplos de iniciativas e innovacións que, ao longo da historia da educación en Galicia, permitiron ir transformando un modelo de escola tradicional cheo de exclusións noutro máis integrador.

Duración: 50 minutos

Aniversario da creación da Escala Básica de Suboficiais do Exército de Terra

Aniversario da creación da Escala Básica de Suboficiais do Exército de Terra Conferencia

O vindeiro xoves 09 de maio ás 19:30 horas, no Museo Histórico Militar da Coruña, impartirase a Conferencia "250 Aniversario da creación da Escala Básica de Suboficiais da Academia Xeral Básica de Suboficiais do Exército de Terra". Conferenciante: D. Jerónimo F. Naranjo García, licenciado en Historia, Dr. en Paz e Seguridade.

O acceso será libre ata completar aforo.

XXIII CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA

XXIII CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA Combinación de música e visita ao museo

Un ano máis, o Museo estrea un novo ciclo de "Música para unha época", ciclo que combina música dunha determinada época coa visita guiada á sala do museo correspondente co mesmo período histórico, establecendo así un paralelismo entre a música e a pintura.

Estas son as datas e o resumo do programa. Pódese ver máis información polo miúdo do programado para cada día nesta ligazón. Todos os concertos poden ser seguidos en streaming pola canle de Youtube do Museo.

Con A de astrónomAs

Con A de astrónomAs Dentro do III Festival Artístico Solidario "Art for Change"

Obradoiro Con A de astrónomas, no que se aborda a aportación de diferentes mulleres astrónomas que foran esquecidas. Dende Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía.

Haberá un obradoiro didáctico ás 17:00 h para escolares entre 4 e 18 anos, e outro ás 18:00 h para escolares a partir de 8 anos.

Día Internacional do Libro 2024

Día Internacional do Libro 2024 Actividades para a celebración do Día Internacional do Libro no Museo de Belas Artes da Coruña

Como todos os anos, o Museo de Belas Artes celebra o Día Internacional do Libro con varias actividades e recursos en liña ao longo de toda a semana. Esta é a oferta, que se pode ampliar nesta ligazón:

- 23 de abril ás 19:00 h: Visita guiada á biblioteca. Con reserva de praza.

- 23 de abril: Exposición bibliográfica sobre P.Rubens, como complemento á exposición actual "Torre de la Parada. Un espazo pictórico para Rubens"

Museos de cine

Museos de cine I ciclo de Museos de cine para redescubrir as salas dos museos

O Museo de Belas Artes da Coruña inaugura estes ciclos de cine, esperando porder continualos no futuro. Baixo o lema “Museos de Cine”, e co obxectivo de redescubrir as salas dos museos, farase un percorrido polo Museo del Prado, a National Gallery e o Museo do Hermitage transportados por unha cámara para coñecer esas pinceladas escondidas, a tremoia que hai detrás destas grandes institucións culturais e a historia do noso continente.

Esta é a programación pormenorizada:

VII Ciclo Música de cámara no museo

VII Ciclo Música de cámara no museo Concertos do Conservatorio Profesional de música da Coruña

Un ano máis, o Museo de Belas Artes promove o ciclo de Música de Cámara no Museo, coa colaboración do Conservatorio Profesional de Música da Coruña e a Asociación de Amigos do Museo.

O programa será o seguinte:

- 6 de abril:

  • Cuarteto en do mayor, op. 76, nº 3.  (El Emperador) F. J.HAYDN

Allegro - Poco adagio

Cuarteto de cordas. Violíns: Arón Puga Puente, Artai Lema Lema; Viola: Paula Rodeiro Iglesias; Violonchelo: Esteban Barlow Zas

Subscribirse a Entrada de balde