A aventura do Nautilus
A aventura do Nautilus Obradoiros de verán no Museo Massó
Obradoiro de verán para participantes de 4 a 6 anos de idade.
Obradoiro de verán para participantes de 4 a 6 anos de idade.
Obradoiro Con A de astrónomas, no que se aborda a aportación de diferentes mulleres astrónomas que foran esquecidas. Dende Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía.
Está pensado para nenas e nenos dende seis anos de idade.
A inscrición é gratuíta mediante reserva no teléfono: 886 151 103 ou no correo electrónico: museo.masso@xunta.gal.
Tras o éxito das anteriores edicións, o Museo do Castro de Viladonga organiza un ano máis o Encontro de cestería no Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro, un lugar idóneo cuxas técnicas de cestería foron e están a ser usadas no tradicional teitado de colmo. Ademais é a entrada en Galicia do Camiño de Santiago polo que peregrinos e público do Conxunto Etnográfico desfrutarán do bo facer das cesteiras e cesteiros, creando así un ambiente multicultural.
A programación é a seguinte:
O artista Manuel Vilariño presenta o seu poemario "Eloxio do confín (Diario)", no Museo de Belas Artes da Coruña.
O poemario, escrito nos inicios da pandemia do 2020, recolle 55 haikus escritos polo artista no bosque próximo á súa casa.
Cada un deles supón, a modo de diario, un reflexo dos seus pensamentos e emocións en relación coa vida e a natureza do seu entorno máis próximo, condensando un elemento, unha árbore, un canto dun paxaro ou unha lembranza, coma se dunha fotografía se tratase.
No 2023 o Museo xa participou nesta convocatoria e nunha actividade chamada “Comunidade Activa” limpouse a zona do Muiño e arredores do Avia con actividades de concienciación medioambiental grazas a axuda de veciñanza de todas as idades.
A presentación pública terá lugar o 12 de xuño ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.
Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, dos arqueolóxicos) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.
No patio do Museo Etnolóxico, actuación polo Día Europeo da Música do alumnado do Conservatorio de Música de Ourense.
A festa europea da música é un evento nado en Francia e na actualidade celébrase en todos os continentes: unha xornada dedicada á reivindicación e á promoción da música como linguaxe universal da humanidade. Así, é interesante destacar algúns dos principios que hai que respectar, segundo a súa Carta de 1997:
O Museopresenta a súa programación para celebrar o Día Internacional dos Museos. O tema deste ano, «Museos para a educación e a investigación», pretende subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomentan a aprendizaxe, o descubrimento e a comprensión cultural.
Experiencia inmersiva a través do tempo
O Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta a súa programación para celebrar o Día Internacional dos Museos. O tema deste ano, «Museos para a educación e a investigación», pretende subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomentan a aprendizaxe, o descubrimento e a comprensión cultural.