O deseño en conserva
O deseño en conserva Obradoiro infantil de verán
Neste obradoiro poderás coñecer os deseños elaborados para as latas das conservas.
Dirixido a maiores de 6 anos e menores acompañados.
Neste obradoiro poderás coñecer os deseños elaborados para as latas das conservas.
Dirixido a maiores de 6 anos e menores acompañados.
O obradoiro consiste na realización de pequenos ex-libris (selos ou estampas) para personalizar os libros dos/as participantes. Aprenderán a técnica do gravado sobre goma e a fabricación de tampóns. As persoas participantes coñecerán os ex libris que Antonio Massó deseñou para a biblioteca do Museo e, a partir de aí, elaborarán e estamparán o seu propio selo.
Dirixido a maiores de 8 anos e menores acompañados.
Observación nocturna do ceo con telescopio. Poderemos observar as Perseidas, a lúa, satélites e os planetas se a meteoroloxía o permite.
A observación terá lugar en Cabo Udra (zona do aparcadoiro).
En colaboración con Astrovigo.
Inscrición previa no teléfono 886 151 101 ou en museo.massó@xunta.gal
Obradoiro de verán para participantes a partir de 6 anos de idade.
Esta actividade xira ao redor da figura do pintor Urbano Lugrís e a súa vinculación co Museo e a familia Massó.
Proponse un xogo no que se trata de buscar en reproducións de cadros do pintor as pezas da colección do museo nas que se inspirou o artista para formar a súa particular iconografía.
Dirixido a nenas e nenos dende oito anos (e menores acompañados), trátase dun obradoiro práctico de aprendizaxe de cinco nós mariñeiros básicos: Cote, As de Guía, Chan, Oito e Ballestrique.
Explicaranse a súa orixe e aplicación, e cada persoa participante elaborará un chaveiro cun tipo de nó mariñeiro.
O obradoiro terá aproximadamente hora e media de duración.
A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono 886 151 101 ou a través do correo museo.masso@xunta.gal, enviando un nome e un teléfono de contacto.
Obradoiro Con A de astrónomas, no que se aborda a aportación de diferentes mulleres astrónomas que foran esquecidas. Dende Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía.
Está pensado para nenas e nenos dende seis anos de idade.
A inscrición é gratuíta mediante reserva no teléfono: 886 151 103 ou no correo electrónico: museo.masso@xunta.gal.
O primeiro fin de semana de agosto, na igrexa da Madalena, o Museo Etnolóxico de Ribadavia en colaboración co concello, organiza a IV edicion de “Poesía en Riba”, reunindo actividades perfomáticas e un obradoiro de ecopoesía. Nesta ocasión recibe a Carlos Santiago, David Trashumante, a Yolanda Castaño e Aida Saco con Marcos de la Fuente (presentando "as cordas invisíbeis"), e será na igrexa da Madalena, con entrada de balde ata cubrir a capacidade.
O obradoiro consiste na realización de pequenos ex-libris (selos ou estampas) para personalizar os libros dos/as participantes. Aprenderán a técnica do gravado sobre goma e a fabricación de tampóns. As persoas participantes coñecerán os ex libris que Antonio Massó deseñou para a biblioteca do Museo e, a partir de aí, elaborarán e estamparán o seu propio selo.
Dirixido a maiores de 8 anos e menores acompañados.
O primeiro fin de semana de agosto, na igrexa da Madalena, o Museo Etnolóxico de Ribadavia en colaboración co concello, organiza a IV edicion de “Poesía en Riba”, reunindo actividades perfomáticas e un obradoiro de ecopoesía. Nesta ocasión recibe a Carlos Santiago, David Trashumante, a Yolanda Castaño e Aida Saco con Marcos de la Fuente (presentando "as cordas invisíbeis"), e será na igrexa da Madalena, con entrada de balde ata cubrir a capacidade.
Dentro das funcións principais do museo está a organización periódica de actividades científicas e divulgativas para a promoción e difusión entre todo tipo de públicos. En relación coa educación, o Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente aos menores e que á súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de xeito natural. Nesta ocasión, trátase de achegar aos rapaces e rapazas ao mundo do mar ao través do oficio tradicional de redeira cun obradoiro práctico para coñecer as técnicas de confección das redes de pesca e os distintos tipos de artes.