Ir o contido principal

15 de outubro - 18:00h Mal me queres Recuperando arquivos sonoros de Ribadavia

No Museo Etnolóxico farase unha xuntanza para falar de arquivos sonoros e a historia da gravación.

Achégate a escoitar e a participar da gravación en directo do podcast "Mal me queres. Recuperando o arquivos sonoros de Ribadavia".

Coas intervencións de Xabier Oliveira, Xabier Gómez Suárez e David Cabral (Natural-Zero) e moderado por Julio Gómez de @sinsalaudio.

Xabier Oliveira é Mestre de bombardino, tuba e trombón, e director da Banda de música A Lira de Ribadavia e da Banda de Música Cultural de Mondariz. O seu traballo como compositor pasa pola recuperación do patrimonio histórico do folclore galego.

Xabier Gómez leva máis de 22 anos na radiodifusión en Radio Ourense-SER, e traballou noutros medios de comunicación, en produción de documentais e como DJ en varias discotecas.

David Cabral (Natural-Cero) é músico, deseñador de son e produtor musical. Dirixiu o proxecto Barullo, que fomentou o reencontro interxeracional de grupos musicais do Ribeiro no intento de recoller e defender a memoria musical da comarca. Actualmente crea podcast para RadioOmix.