Ir o contido principal

Entrada de balde

INSPIRAR PARA CREAR

INSPIRAR PARA CREAR Obradoiros de verán no Museo de Belas Artes da Coruña

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de poñer en marcha, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad do Gobierno de España, co obxectivo de favorecer a conciliación das familias con nenas e nenos, desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes.

Peza do mes: Poesía Los Caneiros

Peza do mes: Poesía Los Caneiros Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes aos fondos do Museo

A presentación pública terá lugar o 11 de xuño ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, do fondo documental) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

III Xornadas "Falemos do futuro da vitivinicultura galega"

III Xornadas "Falemos do futuro da vitivinicultura galega" Unha nova posta en común e de diálogo sobre a actualidade do sector do viño e o seu futuro

Tras a grande aceptación das anteriores xornadas, o Museo do Viño de Galicia volve convocar unhas xornadas que pretenden establecer un marco de reflexión e diálogo co sector do viño sobre o futuro da vitivinicultura galega. Nelas participarán diferentes axentes do sector, dende a viticultura ata a fabricación de rollas, pasando pola enoloxía e a historia.

Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía en Monodose Alén do Macizo Galaico

Nesta ocasión, dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose" que ven de organizar o Museo neste primeiro semestre do ano, David Fernández Abella será o relator a cargo de "Alén do Macizo Galaico: arqueoloxía galega no exterior".

Proxectos como o Sikait Project, centrado no estudo da vella Mons Smaragdus (hoxe Parque Nacional de Wadi Gemal) en Exipto, coñecida pola extracción de berilo verde (esmeralda) no Imperio Romano, nos permiten coñecer os traballos de investigación e posta en valor do patrimonio doutras culturas e rexións por parte de profesionais de Galicia.

Visitas guiadas: O Barroco

Visitas guiadas: O Barroco Programación dentro das actividades de primavera

Esta visita guiada céntrase no Barroco. A sala 2 dedícase á pintura barroca europea do século XVII, con exemplos de España e Flandres, con especial incidencia da pintura mitolóxica, na que Rubens ten un protagonismo fundamental.

Con inscrición previa. A apertura da inscrición será o mesmo sábado 7 de xuño dende as 10:00 h.

Consultar nesta ligazón do museo as condicións para a inscrición previa.

Visitas guiadas: O Rexionalismo

Visitas guiadas: O Rexionalismo Programación dentro das actividades de primavera

Esta visita guiada céntrase na sala 5, onde se presenta a obra dos principais artistas do Rexionalismo, nados en Galicia nas últimas décadas do século XIX, que buscan a aproximación á cultura popular galega a través da paisaxe, as xentes e os costumes. Ademais, a muller conta cun espazo definido, pois comeza a ter cada vez máis relevancia, non soamente dende o punto de vista iconográfico, senón tamén como creadora.

Con inscrición previa. A apertura da inscrición será o mesmo sábado 7 de xuño dende as 10:00 h.

Concerto do dúo Mallou

Concerto do dúo Mallou Unha celebración máis dentro da programación para conmemorar o Día Internacional dos Museos

"Sesión vermú" a cargo da parella de boirenses formada por Sabela Rey Bello e Benxamín Vázquez. Como eles mesmo se definen, Mallou naceu "como a consecuencia natural dunha viaxe conxunta e individual de ambos dende músicas lonxanas, dende as linguaxes da música americana de raíz: country, blues e soul ata a música galega".

O concerto será no Liceo de Ourense, con entrada de balde ata completar aforo.

Subscribirse a Entrada de balde